Perfil de usuario

ghose 📚

ghose@lectura.social

Unido hace 2 meses, 3 semanas

aka @ghose

Tradutor da interface web de bookwyrm ao galego. Os libros que leo son a mellor referencia sobre min.

Hai centos de clásicos que aínda non lin!! Menuda sorte!

formerly known as ghose at bookrastinating dot com, moved here.

Keyoxide🔒

Este enlace se abre en una ventana emergente

Los libros de ghose 📚

Para leer (Ver los 48)

Leyendo actualmente

Objetivo de Lectura de 2025

¡Hecho! ghose 📚 ha leído 16 de 12 libros.

Manuel Esteban: O xogo de Escher (EBook, galego language, Edicións Xerais)

Conectados ao gran computador central da compañía Escher, milleiros de seres humanos experimentan múltiples vidas, …

Faiche apreciar outros traballos

A premisa do relato pode resultar interesante, pero a resolución deixoume frío. Sempre é difícil nun relato curto cando abres un universo e posibilidades e debes cadrar todo o proposto. Véxolle outros problemas, como o innecesrio detalle historicista, pero é cuestión de gustos.

O de apreciar outros traballos é porque non sempre somos xustas valorando os libros.

Stanisław Lem, Laura Krauz: Relatos del piloto Pirx (Paperback, Alianza, Alianza Editorial)

Advertencia de contenido pequeno "spoiler" fóra de contexto, así que podes ver a cita tranquilamente.

reseñó Good to Go de Christie Aschwanden

Christie Aschwanden: Good to Go (Hardcover, 2019, W. W. Norton & Company)

sen sorpresas: durmir e ter fe¹

O libro trata desde unha perspectiva analítica a efectividade dos diferentes métodos de RECUPERACIÓN física/mental para persoas que fan deporte (analiza datos, os estudos dispoñibles no momento de escribilo) Ao pouco de comezar o libro xa tiven a sospeita de que ía ser «decepcionante», no sentido de que non había ningún método milagroso que acelerase.

Non trata sobre aumentar o rendemento (directamente), nin a resistencia, forza, etc., se non sobre asimilar o adestramento e recuperarse do esforzo.

Desde diferentes formas de crioterapia, pasando por formas de controlar a inflamación, aumentar o fluxo sanguíneo, infravermellos de diferente lonxitude de onda, ... non hai ningunha forma que de xeito concluínte demostre a súa efectividade de forma significativa como si o fai durmir.

Certo, todas elas teñen lexións de seguidoras e practicantes, pero parece existir un compoñente sicolóxico moi forte, en canto a adhesión á práctica como a sentir que funciona …