está en galiciale (ver ligazón na ficha), curtiño e ao pé
Reseñas y comentarios
aka @ghose⁂
Tradutor da interface web de bookwyrm ao #galego. Avatar: Enchanted pages, by David Revoy (fragment, CC-By 4.0)
formerly known as ghose at bookrastinating dot com, moved here.
Este enlace se abre en una ventana emergente
ghose 📚 quiere leer Libro das contrarias de Agustín Agra (Narrativa, #535)
ghose 📚 reseñó Pedro Páramo de Juan Rulfo (Letras hispánicas -- 189)
ghose 📚 reseñó La última migración de Charlotte McConaghy
entretido, grazas
3 estrellas
por veces demasiado simplista nas motivacións dos personaxes, un «romance virapaginas», no bo sentido, un lugar do que podes entrar e saír sen dificultade, sen precisar concentrarse en exceso para comprender. Aprendín aquí ⁂ esta expresión (pt_BR).
Está ben descrita a angustia e sentimento de perda que sinten varios personaxes, debida a extinción masiva de especies con orixe nos cambios no clima planetario. Non é un spoiler. Ese sentimento lévaos a actuar con diferentes actitudes para afrontar a desgracia, e debo dicir que sentin como propia a emoción, o sentimento de pertenza e o de culpa. Un punto positivo para a autora.
Outras desgracias acontecen, de xeito velado, que condicionan a trama e vanse desvelando con contínuos saltos temporais na narración que, na súa maioría, se utilizan dun xeito correcto, non confuso.
Existe unha trama romántica, pero outros problemas de xestión emocional das vicisitudes …
por veces demasiado simplista nas motivacións dos personaxes, un «romance virapaginas», no bo sentido, un lugar do que podes entrar e saír sen dificultade, sen precisar concentrarse en exceso para comprender. Aprendín aquí ⁂ esta expresión (pt_BR).
Está ben descrita a angustia e sentimento de perda que sinten varios personaxes, debida a extinción masiva de especies con orixe nos cambios no clima planetario. Non é un spoiler. Ese sentimento lévaos a actuar con diferentes actitudes para afrontar a desgracia, e debo dicir que sentin como propia a emoción, o sentimento de pertenza e o de culpa. Un punto positivo para a autora.
Outras desgracias acontecen, de xeito velado, que condicionan a trama e vanse desvelando con contínuos saltos temporais na narración que, na súa maioría, se utilizan dun xeito correcto, non confuso.
Existe unha trama romántica, pero outros problemas de xestión emocional das vicisitudes da vida trancenden a esta, ou conflúen con ela.
Nunhas semanas esquecerei a novela, pero lembrarei que é un traballo moi correcto e que agradezo.
ghose 📚 comentó acerca de La última migración de Charlotte McConaghy
triste, por verosímil
4 estrellas
un relato no que en cada personaxe atopamos un estreotipo que reflicte unha época e a súa realidade. Coas servidumes forzadas e as interesadas, co noxo por que quere redimir falsamente os seus pecados. O primeiro o cura, que o autor sitúa nunha especie de plano omnisciente (non lonxe da realidade) demasiado aséptico para o meu gusto. Sería mais comprensivo se falase desde o medo, pero faino desde unha neutralidade que atende os designios divinos.
Relato? si, pero máis é unha descrición sociolóxica e das costumes e usos sociais do seu tempo.
ghose 📚 ha dejado de leer Solenoide por Mircea Cărtărescu
admito a derrota. Ler ten que ser un desfrute, e non un traballo. Ten capítulos e pasaxes con reflexións moi interesantes.
Toda a novela é o relato en primeira persoa das tribulacións do protagonista, das súas miserias, problemas psicolóxicos, enfermidade(s), acoso, maltrato, miseria, relacións afectivas, o traballo, a frustración de non ser escritor (que non novelista), e elementos de fantasía e terror que se misturan coa realidade debido a, ou consecuencia de, os problemas psicolóxicos.
Levo preto de 400 páxinas e non se produciu o xiro narrativo que agardaba e que me mantivese ata máis alá das 1000.
O metadebate sobre o que é a literatura pareceume interesante, pero últimamente roza a caricatura.
Pode que sexa do teu interese, pero a min non me está compensando. Leo por pracer, non quero obrigarme a abrir o libro e ler un par de capítulos como se fose isto …
admito a derrota. Ler ten que ser un desfrute, e non un traballo. Ten capítulos e pasaxes con reflexións moi interesantes.
Toda a novela é o relato en primeira persoa das tribulacións do protagonista, das súas miserias, problemas psicolóxicos, enfermidade(s), acoso, maltrato, miseria, relacións afectivas, o traballo, a frustración de non ser escritor (que non novelista), e elementos de fantasía e terror que se misturan coa realidade debido a, ou consecuencia de, os problemas psicolóxicos.
Levo preto de 400 páxinas e non se produciu o xiro narrativo que agardaba e que me mantivese ata máis alá das 1000.
O metadebate sobre o que é a literatura pareceume interesante, pero últimamente roza a caricatura.
Pode que sexa do teu interese, pero a min non me está compensando. Leo por pracer, non quero obrigarme a abrir o libro e ler un par de capítulos como se fose isto unha competición de resistencia.
No puc mes.
ghose 📚 comentó acerca de Solenoide de Mircea Cărtărescu

estame costando muito avanzar na lectura porque non estou motivado e por cousas, pero é un libro que por momentos non entendo nada (literalmente), noutros conta cousas durísimas, pérdese en descricións polo miúdo, de súpeto aparecen elementos «fantásticos», …ou de terror. Non podo dicir que estou atrapado, pero é como se intuíse que algo vai acontecer. Non teño expectativas concretas, prefiro non telas, pero a cabeza do protagonista, que narra en primeira persoa, é desas que pecan de overthinking.

por recomendación de @velvetmolotov@masto.es
ghose 📚 comentó acerca de Solenoide de Mircea Cărtărescu
ghose 📚 comentó acerca de Memorias del subsuelo de Fernando Otero Macías
ghose 📚 reseñó La parábola del sembrador de Octavia E. Butler (Earthseed, #1)
Déixase ler
3 estrellas
Admito que o feito de que non haxa zombis (clásicos), que a diversidade racial sexa realista, que o heróe non sexa un señor branco ex-militar viuvo/divorciado , que o cambio climático desencadea a catástrofe causada polo capitalismo... son puntos a favor.
Que unha postadolescente cree unha relixión a medida (un refrito filosófico) non me convenceu case nada. É un vehículo para o marco moral en tempos de crise, para darlle sentido á vida no medio do caos.
Todo xira en función desta idea dunha rapaza moi sensata para a súa idade, cunha autoridade e determinación sobre a que gravitan todos os outros desgraciados seres.
Déixase ler, pero é un argumento coñecido: nace (e faise) unha heroína; crise existencial (drama) e toma do poder (asumir a responsabilidade)
ghose 📚 quiere leer La parábola del sembrador de Octavia E. Butler (Earthseed, #1)
grazas a este magnífico artigo sol2070.in/2026/05/futurismo-monika-bielskyte-protopia/ traducido por @sol2070@velhaestante.com.br deixo aquí anotado² para ler.
Por algunha razón non podo deixar o comentario no seu propio blog¹, así que colo aquí para @sol2070@mastodon.social o que alí quixen comentar (un agradecemento):
O futuro non está escrito, definido, establecido, marcado, sinalado… o futuro créase hoxe. Tendo moitos motivos para o pesimismo, esta frase simple abonda para ter esperanza.
O artigo de Bielskyte impressiona pela síntese, poder argumentativo e abrangência.
Un dos conceptos que máis me incomodou no artigo foi o de «erros de categoría», porque implica unha discrepancia de base que impide o entendemento entre posturas que xa no son discrepantes, se non enfrontadas e sen reconciliación.
Este artigo supera o meu nivel para comprender todos os conceptos políticos e de organización social que se citan, pero agradezo o traballo por achegarnos o contido …
grazas a este magnífico artigo sol2070.in/2026/05/futurismo-monika-bielskyte-protopia/ traducido por @sol2070@velhaestante.com.br deixo aquí anotado² para ler.
Por algunha razón non podo deixar o comentario no seu propio blog¹, así que colo aquí para @sol2070@mastodon.social o que alí quixen comentar (un agradecemento):
O futuro non está escrito, definido, establecido, marcado, sinalado… o futuro créase hoxe. Tendo moitos motivos para o pesimismo, esta frase simple abonda para ter esperanza.
O artigo de Bielskyte impressiona pela síntese, poder argumentativo e abrangência.
Un dos conceptos que máis me incomodou no artigo foi o de «erros de categoría», porque implica unha discrepancia de base que impide o entendemento entre posturas que xa no son discrepantes, se non enfrontadas e sen reconciliación.
Este artigo supera o meu nivel para comprender todos os conceptos políticos e de organización social que se citan, pero agradezo o traballo por achegarnos o contido orixinal á nósa lingua.
Obrigado.
edito:
¹ ah! finalmente (eventually) o comentario quedou gravado nos comentarios ao artigo. Deixo isto aquí igualmente. ² a novela en castelán na biblioteca dixital ebiblio