ghose 📚 reseñó A filla do minotauro de Marilar Aleixandre (Costa Oeste, #107)
SOLA NO PUEDES, CON AMIGUES SI
4 estrellas
Antes de comezar a lectura xa sabía que era unha novela orientada a un público «xuvenil». Non son eu o target 🤡
É unha novela de aventura cun argumento máis que coñecido e repetido, pero a orixinalidade está na elección dos personaxes, con nomes que proveñen dunha memoria colectiva de milenios, que van explicando de xeito cándido o seu anaquiño de Historia, que fan que te atrapen nese lugar coñecido e amigable(!).
A autora mistura mitos antigos co desenvolvemento da aventura do presente, atendendo aos rasgos homéricos pero sen dubidar en mover o punto de vista do relato histórico para contar a perspectiva das perdedoras (case sempre mulleres).
Que pensaría Penélope cando o seu fillo, un incel de manual, lle soltou a michirulada aquela e fuxiu do disgusto? Que cabrón o Teseo, que tiña moitos traballos que facer e atender, pero que lle fixo un feo moi grande á …
Antes de comezar a lectura xa sabía que era unha novela orientada a un público «xuvenil». Non son eu o target 🤡
É unha novela de aventura cun argumento máis que coñecido e repetido, pero a orixinalidade está na elección dos personaxes, con nomes que proveñen dunha memoria colectiva de milenios, que van explicando de xeito cándido o seu anaquiño de Historia, que fan que te atrapen nese lugar coñecido e amigable(!).
A autora mistura mitos antigos co desenvolvemento da aventura do presente, atendendo aos rasgos homéricos pero sen dubidar en mover o punto de vista do relato histórico para contar a perspectiva das perdedoras (case sempre mulleres).
Que pensaría Penélope cando o seu fillo, un incel de manual, lle soltou a michirulada aquela e fuxiu do disgusto? Que cabrón o Teseo, que tiña moitos traballos que facer e atender, pero que lle fixo un feo moi grande á Ariadna, non si? Ou ese Ulises peor que un Pirata del Caribe.
Darlle 4⭐️, como novela, é un pouco esaxerado (overrated), pero creo que é un produto moi ben feito e axeitado para o público ao que se dirixe, moi recomendable para excitar a imaxinación e as gañas de saber máis.
Aprendín algo de vocabulario tamén. elo, peplo, oufanar(se), engalar,… son só exemplos.
Finalmente Sicilia, que si, que debe ser unha terra tan fermosa como chea de Historia.