O sentido do abraio

a celebración da natureza para persoas de todas as idades

Tapa blanda, 56 páginas

Idioma galego

Publicado por Catroventos.

ISBN:
978-84-127425-6-5
¡ISBN copiado!

Xuntando dúas das cinco liñas editoriais de Catro Ventos, ecoloxía e educación alternativa, publicamos en galego este ensaio da escritora e bióloga mariña Rachel Carson (1907-1964), autora de obras fundamentais para o ecoloxismo moderno como Primavera silenciosa (1962).

Na publicación orixinal na revista Women’s Home Companion (1956), este texto ía dirixido a nais e pais e animábaos a explorar a natureza coas súas crianzas a fin de cultivaren xuntos o sentido do abraio. Esta obra é a base dun proxecto moi persoal da autora que había converterse no que ela denominaba O libro do abraio. Carson faleceu antes de poder darlle a forma esperada, pero o espírito e a súa teima persoal están aquí: como explorar e conservar durante toda a vida a capacidade do abraio, unha batalla que, segundo ela, só se gaña ou perde na infancia.

Libro de de encadernación coidada con textos, fotos e papel …

1 edición

TL;DR, busca a beleza.

Desculpa a brincadeira. Non é longo, é un libriño pequeno que chama a prestar atención, a deixarse sorprender e nunca deixar de aprender. Doulle 5⭐️ porque esa chamada abonda, como facía Trecet.

Un par de citas:

Se tivese cuña cunha fada [...] pediríalle que escollese de agasallo para cada unha delas [das crianzas] un sentido do abraio tan indestrutible que lles durase toda a vida, como un antídoto infalible contra o aborrecemento e o desencanto que han vir cos anos, contra a preocupación estéril por cousas que son artificiais, contra a alienación das orixes da nosa fortaleza.

O elixir da eterna xuventude, supoño.

Hai algo infinitamente sandador nos retrousos repetidos da natureza: a seguridade de que a alborada vén despois da noite e a primavera despois do inverno.

Certezas ás que agarrarse cando veñen mal dadas.

Da …

Temas

  • ecoloxía, natureza, educación, aprendizaxe