Volver
Rachel Carson, Patricia Buxán (Tradución): O sentido do abraio (Paperback, galego language, Catroventos)

Xuntando dúas das cinco liñas editoriais de Catro Ventos, ecoloxía e educación alternativa, publicamos en …

TL;DR, busca a beleza.

Desculpa a brincadeira. Non é longo, é un libriño pequeno que chama a prestar atención, a deixarse sorprender e nunca deixar de aprender. Doulle 5⭐️ porque esa chamada abonda, como facía Trecet.

Un par de citas:

Se tivese cuña cunha fada [...] pediríalle que escollese de agasallo para cada unha delas [das crianzas] un sentido do abraio tan indestrutible que lles durase toda a vida, como un antídoto infalible contra o aborrecemento e o desencanto que han vir cos anos, contra a preocupación estéril por cousas que son artificiais, contra a alienación das orixes da nosa fortaleza.

O elixir da eterna xuventude, supoño.

Hai algo infinitamente sandador nos retrousos repetidos da natureza: a seguridade de que a alborada vén despois da noite e a primavera despois do inverno.

Certezas ás que agarrarse cando veñen mal dadas.

Da edición, se algo negativo atopei, non entendín ben as láminas e fotografías que a acompañan. A impresión que quitei é que pretendían mostar ese mundo miúdo pero, na miña opinión, non o consiguen, quedan como debuxos ou figuracións abstractas. Que non sexa isto impedimento para que desfrutes do libro.