Reseñas y comentarios

ghose 📚

ghose@lectura.social

Unido hace 5 meses, 1 semana

aka @ghose

Tradutor da interface web de bookwyrm ao galego. Os libros que leo son a mellor referencia sobre min.

Hai centos de clásicos que aínda non lin!! Menuda sorte!

formerly known as ghose at bookrastinating dot com, moved here.

Keyoxide🔒

Este enlace se abre en una ventana emergente

comentó acerca de El cerebro en movimiento de José Luís Trejo (¿Que sabemos de…?, #155)

José Luís Trejo, Coral Sanfeliu: El cerebro en movimiento (Paperback, Español language, Consejo Superior de Investigaciones Científicas)

El ejercicio físico produce beneficios indudables en todo el organismo, en nuestra salud y, por …

🤭 levo 20 páxinas e non sei como non saídes todas a camiñar/andar con regularidade, ou exercicios básicos co peso corporal (erguerse e sentarse dunha cadeira, equilibrios nunha perna, «flexións» de pé contra unha parede...) . En verdá.

reseñó Baila, baila, baila de Haruki Murakami

Haruki Murakami, Gabriel Álvarez Martínez: Baila, baila, baila (Paperback, 2013, Maxi-Tusquets)

Tira do fío, sigue a intuición.

Aaah! que ben! Moi fan deste home. Ata hoxe, todo o que lin del paréceme marabilla.

Certo que levoume un mes ler as primeiras 100 páxinas, pero non é culpa del, a historia hai que mastigala e asentala. Comeza ao xeito en que escribe Murakami, que parece que non pasa nada, que todo é trivial. Non hai esas florituras, eses trucos efectistas que te fan seguir lendo. Aquí hai un fío (pun intended) que o conecta todo e acompañamos ao protagonista a darlle sentido ao sarillo do que forma parte.

Complícase a cousa porque, tamén recurrente nel, por veces temos os pés na realidade e outras na fantasía. Na vixia ou nos pesadelos?

A historia diría que é o de menos. Os protagonistas falan de como se sinten, da necesidade dalgún tipo de amor (cariño, afecto, confianza, apoio,… a forma de amor que elixas) e as dificultades particulares que …

Haruki Murakami, Gabriel Álvarez Martínez: Baila, baila, baila (Paperback, 2013, Maxi-Tusquets)

tanto tempo e non vou nin pola metade, e non é que non me estea resultando interesante, ao xeito en que escribe este home, contándoche as cousas como se non pasase nada e cando en realidade está pasando todo. Emporiso, o protagonista desconcértame un pouco, creo que non está tanto en paz consigo mesmo como quere aparentar. Non leo máis a miúdo porque non me da a cabeza.

reseñó Lobos nas illas de Marilar Aleixandre (Literaria, #498)

Marilar Aleixandre: Lobos nas illas (Paperback, galego language, Editorial Galaxia)

Pode lerse como unha novela, pode lerse como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos …

Para o meu gusto, e na miña opinión, é marabilla

tamén triggering, debo dicir, pero en plan ben.

Son pequenos relatos, algúns como soños, outros crus e arrincados á realidade, todos ben fiados arredor dun suceso cotiá.

Benjamín Labatut: MANIAC (Español language, 2023, Anagrama)

Un inquietante tríptico sobre los sueños del siglo XX y las pesadillas del siglo XXI, …

copio/pego desde o blog

orixe da recensión: xmgz.eu

A partir de biografías, citas atribuídas e documentación histórica, o autor tece un relato cos personaxes que na primeira metade do século XX estableceron as bases teóricas das matemáticas e a física (de partículas) que propiciaron os avances tecnolóxicos da segunda metade do século.

O relato susténtase nos testemuños narrados en primeira persoa (excepto o protagonista principal), como se estivesemos vendo un documental onde os protagonistas contan a cámara a súa versión, sen ter un narrador que nos guíe. Falan dun xeito directo e cru, case como se sentisen alivio por poder falar finalmente, como sendo conscientes que todos os pecados prescribiron.

Uns falan dos outros e sobre si mesmos fiando unha historia de influencias positivas, que alimentan o talento de outras persoas co seu propio, e tamén negativas, con relacións tóxicas, de dominación, de abuso, traicións, etc. Así, a figura central da novela é John …

comentó acerca de MANIAC de Benjamín Labatut

Benjamín Labatut: MANIAC (Español language, 2023, Anagrama)

Un inquietante tríptico sobre los sueños del siglo XX y las pesadillas del siglo XXI, …

👌 vin por aquí ⁂ a recomendación fai uns meses e pilleino en ebiblio, non lembraba exactamente as referencias nin o tipo de lectura que sería. Lin o primeiro capítulo e realmente foi interesante coñecer sobre a vida atormentada deste primeiro protagonista, as súas relacións académicas co mundo da física de partículas e matemáticas do primeiro terzo do s.XX. Sendo xudeu, alemán, e coas súas pantasma personais, a cousa non acabou ben. Non é spoiler, porque o libro comeza por ese tráxico final. Está escrito como se estivesemos seguindo un fluxo de pensamento, ou así o sentín, con intensidade e saltando de personaxe en personaxe fiados por Paul Ehrenfest en busca infructuosa da orde e racionalidade neste mundo.

Brutal tamén a cita a xeito de prólogo que abre o libro, sobre a «razón» e o seu duro xuizo.

A ver que me trae o segundo capítulo, se ten …

Penelope Fitzgerald: La librería (Spanish language, 2010)

The Bookshop is a 1978 novel by the British author Penelope Fitzgerald. It was shortlisted …

¿Alguna vez te has preguntado si tus reseñas le interesan a alguien? Cuéntanos tu experiencia como Autónomo.

unha señora experimenta a vida como autónoma ao abrir unha librería nunha pequena vila do rural costeiro de Inglaterra.

A vida pasa entre as envexas, os atrancos das malidicencias, os problemas económicos, a soidade, as pantasmas (reais e imaxinarias), o choque de personalidades, solidariedade e axuda por parte de quen non a esperas,… e tamén polas minucias propias do rural e o xeito de vida que conleva: moito traballo, moito aburrimento, moita falta de expectativas.

Non faltan notas de humor (británico?) ou sorna que che traen un sorriso á cara, pero deixoume algo frío, creo que debido a algún personaxe como o fulano que traballa na BBC (displicente e soberbio?), a rapariga que lle axuda na tenda (sen empatía?), quizá lle dá demasiado protagonismo á antagonista, ou polo menos eu creo que merecía mellor trato a rapariga (facela máis amigable, aínda que fose ao estilo do señor que mira …

reseñó La guerra de la amapola de R.F. Kuang (La guerra de la amapola, #1)

R.F. Kuang: La guerra de la amapola (Hardcover, Gaztelania language, 2023, Hidra)

La guerra de la amapola, finalista de los prestigiosos premios Hugo, Nebula y World Fantasy,es …

Non me aportou nada. A min.

ía poñerlle 3⭐, porque é entretemento lixeiro e decente, pero este último capítulo da novela pareceume incluso desagradable, non só por recrearse en detalles violentos e morbosos (cousa que é residual no resto da novela), que tamén, se non por presentar ás lectoras un debate ético cando a protagonista está toda a novela dicindo «que non, que pa'lante». Está metido con calzador. Faina quedar como unha persoa inestable e carente de principios éticos. Hai que engadir que é unha post-adolescente, así que sexamos comprensivas (e condescendentes).

Extrañaríame moito que lese a segunda parte da novela (e sucesivas?) habendo tantos libros por aí que aportan algo.

En xeral pareceume unha novela plana, pouco suxerente, con escenas e xiros na historia nada creíbles incluso participando da fantasía proposta, unha novela que che fai apreciar as que son mellores e non andar regalando estreliñas como se non houbese que gañalas 😅