Reseñas y comentarios

ghose 📚

ghose@lectura.social

Unido hace 1 año, 1 mes

aka @ghose

Tradutor da interface web de bookwyrm ao #galego. Avatar: Enchanted pages, by David Revoy (fragment, CC-By 4.0)

formerly known as ghose at bookrastinating dot com, moved here.

Keyoxide🔒

Este enlace se abre en una ventana emergente

comentó acerca de Born to Walk de Mark Sisson

Mark Sisson, Brad Kearns: Born to Walk (Paperback, 2025, Bradventures LLC)

The romanticized notion that humans are "born to run" has buoyed the so-called running boom …

O "target" deste libro son as persoas que corren e endurance athletes en xeral. Zúrranos sen piedade desde o minuto un. Poderíase titular "The case against cronic cardio". Admito que non lle falta razón en certos temas, ainda parecendo unha caricatura, pero esperaba "The case on walking". Opino que, existindo os problemas que relata, afectan a unha cantidade de persoas significativamente menor que as que están no outro lado do espectro (que non fan nada en absoluto, couch potatos, termo denigrante e despectivo). Preferiría unha mensaxe positiva para elas máis que dedicar medio libro a botarnos merda enriba a quenes estamos atrapadas (sic) polo ranin.

Polo de agora non creo que recomende este libro a ninguén. A ver cando chegue á parte propostiva, porque as persoas actualmente inactivas van ter cero interese en todo o que levo lido ata agora.

Marcho correr un pouco 😁

Mark Sisson, Brad Kearns: Born to Walk (Paperback, 2025, Bradventures LLC)

The romanticized notion that humans are "born to run" has buoyed the so-called running boom …

non me gusta nada como comeza, facendo unha caricatura das persoas que corren coa que non me identifico en absoluto e, ademáis, que saibas que este señor tamén vende zapatos. Casualidade? Non creo. A verdade, só o vou ler para asegurarme de poder recomendalo porque andar é bo, barato, simple, pódeo facer calquera e seguro que o sen fin de argumentos que aporta serven para que calquera que o lea se anime ou, polo menos, sexa consciente dos seus beneficios.

Daniel H. Wilson: Hole in the sky (Hardcover, 2025, Doubleday)

On the Great Plains of Oklahoma, in the heart of the Cherokee Nation, a strange …

Non é «terríbel»

O argumento, dentro da súa fantasía, é interesante, pero o estilo da narración non é do meu agrado. Só iso.

A historia intentar facernos partícipes do respeto necesario que debemos ao coñecemento e sabiduría de quenes nos antecederon neste mundo, aínda non comprendedo (ou ignorando) ese saber. Humildade, ao fin. Ou un principio de precaución respetuoso.

É o que aprendín.

comentó acerca de Hole in the sky de Daniel H. Wilson

Daniel H. Wilson: Hole in the sky (Hardcover, 2025, Doubleday)

On the Great Plains of Oklahoma, in the heart of the Cherokee Nation, a strange …

polo de agora, dentro da coherencia desta novela, non me encaixa o xeito en que introduce o «conflito» interxeneracional entre pai e filla que, en aparencia, serve para establecer as bases que sustentan a inclusión da cultura das persoas nativas americanas orixinais no contexto do relato.

comentó acerca de Hole in the sky de Daniel H. Wilson

Daniel H. Wilson: Hole in the sky (Hardcover, 2025, Doubleday)

On the Great Plains of Oklahoma, in the heart of the Cherokee Nation, a strange …

levo como unhas cincuenta páxinas. Na primeira, a dedicatoria é:

«to all my relatives»

Case me da algo, por cutre, porque hai que ser cutre para escribir esa dedicatoria. Pouco lle faltou para non comezar tan siquera a ler.

Non é maravilla, é: patacas fritidas, churrasco barato e pesicola para consumo rápido. Non atopei unha pausa, un momento de reflexión, de consideración, de introspección, de nada.

Un meteorito (non) ou algo viron, grazas a unha máquina adivinatoria inverosímil. Agora estamos atendendo á presentación por separado dos personaxes que de xeito previsible (e lóxico) converxerán para atallar o problema.

Non quero ser negativo, pero o único que ten de bo é que se le sen esforzo (intelectual). E que non é moi longo.

reseñó La invención de Morel de Adolfo Bioy Casares (Libro de bolsillo.)

Adolfo Bioy Casares: La invención de Morel (Paperback, Spanish language, 1972, Alianza)

Un fugitivo de la justicia llega en un bote de remos a una isla desierta …

Doulle 4⭐ por ser breve, en serio, porque estas historias poden eternizarse (ja! Spoiler!)

Porque 3⭐ é o que me pide o corpo. Non son partícipe do consenso sobre o entusiasmo que desata esta novela. Si, seguramente por limitacións propias. E probablemente son inxusto, porque tamén eu lle vexo moitos méritos, desde o desenvolvemento do (único) personaxe ata as preguntas filosóficas que se fai. Tamén alabar o estilo, ese diálogo interior moi logrado, con frases curtas escritas tal como se manifestan á consciencia, aí onde acontece todo

Richard Powers, Teresa Lanero Ladrón de Guevara: El clamor de los bosques (Paperback, Español language, 2019, Alianza Editorial)

Un jefe de carga de las Fuerzas Aéreas en Vietnam sale disparado por el cielo …

Moito desfrutei (e me preocupei)

El clamor de los bosques

tradución ao castelán de Overstory, de Richard Powers

Inclúo varias citas, sen permiso, pero non descubro nada da trama da novela.

Tremenda. A novela é tremenda (terrific!)

Esta novela supera a miña capacidade de síntese, non podo (non sei) resumir nunha recensión todos os temas que aborda. O tema principal é a cegueira, algún personaxe pregunta case de xeito literal: «por que non queremos ver? e, por que algunhas persoas ven?»

Pero el problema básico es el mismo: ¿qué nos impide ver lo obvio? [...] —¿Y qué nos lo impide? —Sobre todo, el resto de la gente.

A Lealdade de Grupo

Muchas pruebas sugieren que la lealtad de grupo interfiere con la razón.

A novela trata dun grupo de persoas que, cada unha ao seu xeito, ve. Sinten unha forza …

Richard Powers, Teresa Lanero Ladrón de Guevara: El clamor de los bosques (Paperback, Español language, 2019, Alianza Editorial)

Un jefe de carga de las Fuerzas Aéreas en Vietnam sale disparado por el cielo …

Probablemente o autor está dando un rodeo enorme para chegar a ningures. Ou si, pode que teña un fin. Da igual, o camiño é bonito e entretido 👌😉. Sempre desfrutei máis do camiño que da meta.

Lémbrame a peli Encontros na terceira fase, con outra temática, pero son peroas atraídas irresistiblemente por algo superior

comentó acerca de El clamor de los bosques de Richard Powers

Richard Powers, Teresa Lanero Ladrón de Guevara: El clamor de los bosques (Paperback, Español language, 2019, Alianza Editorial)

Un jefe de carga de las Fuerzas Aéreas en Vietnam sale disparado por el cielo …

por agora moi ben escrito, e iso que parece un preámbulo así medio hippy (con respeto) e despois establece unha xenealoxía que supoño será relevante.