ghose 📚 comentó acerca de Hole in the sky de Daniel H. Wilson
levo como unhas cincuenta páxinas. Na primeira, a dedicatoria é:
«to all my relatives»
Case me da algo, por cutre, porque hai que ser cutre para escribir esa dedicatoria. Pouco lle faltou para non comezar tan siquera a ler.
Non é maravilla, é: patacas fritidas, churrasco barato e pesicola para consumo rápido. Non atopei unha pausa, un momento de reflexión, de consideración, de introspección, de nada.
Un meteorito (non) ou algo viron, grazas a unha máquina adivinatoria inverosímil. Agora estamos atendendo á presentación por separado dos personaxes que de xeito previsible (e lóxico) converxerán para atallar o problema.
Non quero ser negativo, pero o único que ten de bo é que se le sen esforzo (intelectual). E que non é moi longo.
