Reseñas y comentarios

ghose 📚

ghose@lectura.social

Unido hace 1 año

aka @ghose

Tradutor da interface web de bookwyrm ao #galego. Avatar: Enchanted pages, by David Revoy (fragment, CC-By 4.0)

formerly known as ghose at bookrastinating dot com, moved here.

Keyoxide🔒

Este enlace se abre en una ventana emergente

Bob E. Flick, Jim Gallant, Isaac Asimov: The Last Question (AudiobookFormat, 2007, Ziggurat Productions)

Patada no ceo da boca

Basicamente isto. O que a ciencia leva describindo moitas décadas e os trovadores transforman en metáforas coma esta: o crecemento contínuo non é sostible con recursos finitos; medir o progreso en base ao PIB é unha aberración; acadar autosatisfacción e complacencia do anterior é de idiotas.

Nada disto se menciona neste relato curto que por contra vai directo á Pregunta, á cuestión para a que o progreso non atopou a resposta. AÍNDA?.

Lin o relato, non Audio CD como pon aquí.

Michael Ende: La historia interminable (Hardcover, Spanish language, 2008, Alfaguara)

La Emperatriz Infantil está mortalmente enferma y su reino corre un grave peligro. La salvación …

Mis dieses e grazas

Pois metinme de cabeza e por momentos resulta moi emotivo. Merqueille o relato.

Creo que non só é entretido e dinámico, se non que dun xeito pouco sutil fainos mirar a través de Bastian as nosas propias tribulacións e eivas de carácter. As primeiras na primeira metade do libro e as segundas na segunda parte. Quen di nosas di da nosa sociedade.

Redime ao protagonista, como non podería ser doutro xeito, e a nós mesmos, para acender unha luz de esperanza e confianza en nós mesmos, sen precisar un dragón branco da sorte que nos contaxie ese optimismo.

Algúns personaxes fantásticos son realmente fantásticos, parecen reais ao xeito dos seres mitolóxicos das culturas (a helenística por exemplo) ao representar modelos ou caracteres universais.

Jakob Wegelius, Moisés Barcia Rodríguez: O mono do asasino (Hardcover, galego language, 2023, Sushi Books)

É de noite no porto de Lisboa. Baixo o brillo das farolas, un home corre …

Outro máis de «sóa non podes, con amigues si». E iso está ben.

Deixeimos a un lado, se fose posible, o estilo e o tipo de persoa a quen se dirixe a novela.

Sally Jones narra en primeira persoa a peripecia vital e o sarillo político no que involuntariamente se viu envolta xunto ao seu compañeiro H.Koskela. Sóa, é quen de ir atopando as persoas que lle dan unha man no plano persoal e tamén na súa búsqueda da verdade para axudar ao seu amigo. O periplo é longo e cheo de momentos perigosos. Nel, Sally Jones, cóntanos a angustia que a aflixe, a esperanza e a forza de vontade para superar as dificultades.

Non diría que é unha novela de Aventuras, aínda sendo o seu relato unha en si mesma, se non que de xeito máis ou menos transparente a novela transmite o diálogo interior de Sally Jones mostrando os seus medos, sentíndose vulnerable, pero ao mesmo …

Iain Crichton Smith, Moisés Barcia Rodríguez: Aprendede dos lirios (Paperback, galego language, 2025, Rinoceronte Editora)

Esta novela está ambientada na época dos desaloxos das Terras Altas escocesas entre 1792 e …

Do simple xorde toda unha vida

O relato está escrito desde o punto de vista da protagonista, unha señora xa maior á que o terratenente vai desafiuzar, xunto co resto da aldea, e a partir deste suceso van agromando todos os temas importantes na vida. Darlle un futuro ás crianzas, a convivencia e axuda mútua en situacions de dificultade, a morte que se achega e a reflexión sobre a nósa propia vida e as decisions que tomamos e as que nos vemos forzadas a tomar, a dignidade da defensa dos valores ante o poder e os seus abusos e inxustizas, as intrahistorias familiares tan difíciles de «xulgar» desde fóra.

Podería seguir coa lista, mais creo que é máis interesante todo o contexto esbozado de xeito sutil, como quen non quere a cousa, miradas, acenos, sobrentendidos e empatía, o reparto do traballo, as obrigas de carácter social, etc.

Todo é a descrición dunha época e …

comentó acerca de O mono do asasino de Jakob Wegelius

Jakob Wegelius, Moisés Barcia Rodríguez: O mono do asasino (Hardcover, galego language, 2023, Sushi Books)

É de noite no porto de Lisboa. Baixo o brillo das farolas, un home corre …

Dixenlle a quen mo emprestou que o ía ler e vouno facer, claro, pero non estou afeito a este tipo de novelas. Tampouco son o público obxectivo, e neste sentido, nas páxinas que lin, inquédame un pouco ler frases como:

As doutrinas anarquistas teñen un forza de atracción especial para individuos de escasa moral.

Hai que dicir que se trata dun fragmento dunha nova nun xornal que está lendo a protagonista, e ela sabe que moito do que conta o artigo é mentira, pero mostra ela mesma tamén desconfianza sobre se puidese ser verdade esta implicación política, como se ser anarquista fose un rasgo preocupante a ter en conta. Son varias frases deste estilo, non é un comentario illado.

Non sei, a ver como avanza a historia. Tampouco quero ser tiquismiquis, pero despois pasa o que pasa, que quedan palabras no subconsciente …

Ben Irvine, María Corniero (Trad.): Einstein y el arte de andar en bicicleta (Paperback, Español language, Ediciones Siruela)

Ben Irvine nos explica cómo experimentar la sabia manera de ver la vida de Einstein …

bastante pobre

Opinión

O autor apóiase na figura de A. Einstein para facer eloxio da bicicleta tanto desde un punto de vista práctico como para a saúde mental, pois entende que ir en bicleta nos da pausa e espazo. Estando de acordo, son parte da Causa a Prol da Bicicleta, o libro non me aportou nada máis alá de anécdotas sobre a vida de Einstein e a historia da creación da bicicleta como un proxecto de desenvolvemento Open Source.

O libro está orientado ao uso da bicleta como medio de transporte diario, como alternativa saudable ao transporte coletivo/individual en vehículos a motor. Einstein é un gancho, dada a súa afinidade e loas á bicicleta. Toma tamén a personalidade e marco moral de Einstein para establecer o que B. Irvine considera propio dunha persoa plena.

Pode que sexa por non profundizar nas teses que enuncia, pero a …

Belén Gopegui: Te siguen (Paperback, Español language, Random House)

Saben lo que deseas, lo que buscas. Conocen tu cuenta bancaria, lo que pagas, lo …

Recomendable, sen presumir

Advertencia de contenido Algo da trama e resolución

Iain Crichton Smith, Moisés Barcia Rodríguez: Aprendede dos lirios (Paperback, galego language, 2025, Rinoceronte Editora)

Esta novela está ambientada na época dos desaloxos das Terras Altas escocesas entre 1792 e …

Aprendede dos lirios

do escritor escocés Iain Crichton Smith 🏴󠁧󠁢󠁳󠁣󠁴󠁿

Escoitei a conversa de Eva Moreda no podcast, onde recomendou esta novela que considera «canónica»

#Biosbardia. O país dos #libros en galego: Os oficios do libro: Eva Moreda

Sitio web do episodio: www.ivoox.com/os-oficios-do-libro-eva-moreda-audios-mp3_rf_169405767_1.html

Ficheiro multimedia: www.ivoox.com/os-oficios-do-libro-eva-moreda_mf_169405767_feed_1.mp3