Volver
Charlotte McConaghy: La última migración (EBook, Castellano language)

Franny Stone es el tipo de mujer incapaz de comprometerse. Sin embargo, cuando la naturaleza …

entretido, grazas

por veces demasiado simplista nas motivacións dos personaxes, un «romance virapaginas», no bo sentido, un lugar do que podes entrar e saír sen dificultade, sen precisar concentrarse en exceso para comprender. Aprendín aquí ⁂ esta expresión (pt_BR).

Está ben descrita a angustia e sentimento de perda que sinten varios personaxes, debida a extinción masiva de especies con orixe nos cambios no clima planetario. Non é un spoiler. Ese sentimento lévaos a actuar con diferentes actitudes para afrontar a desgracia, e debo dicir que sentin como propia a emoción, o sentimento de pertenza e o de culpa. Un punto positivo para a autora.

Outras desgracias acontecen, de xeito velado, que condicionan a trama e vanse desvelando con contínuos saltos temporais na narración que, na súa maioría, se utilizan dun xeito correcto, non confuso.

Existe unha trama romántica, pero outros problemas de xestión emocional das vicisitudes da vida trancenden a esta, ou conflúen con ela.

Nunhas semanas esquecerei a novela, pero lembrarei que é un traballo moi correcto e que agradezo.