Perfil de usuario

agremon Cuenta bloqueada

agremon@lectura.social

Unido hace 4 meses, 1 semana

Profesor retirado, galego inquedo, aberto (creo). Físico, lector, curioso. Con algún blog producindo; ribadeando, fqribadeo, tentandoeducar... Activo na Galipedia (gl.wikipedia.org) co mesmo nome. Máis? Pouco a pouco. Ah! Se teño que traducir, tradúzoo, pero coido que o galego non debera ser difícil a quen ande por aquí.

Este enlace se abre en una ventana emergente

Los libros de agremon

Para leer

Objetivo de Lectura de 2024

¡75% terminado! agremon ha leído 9 de 12 libros.

Francisco Díaz-Fierros Viqueira: Auga para todos (Paperback, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC) 5 estrellas

Auga para todos. Francisco Díaz-Fierros Viqueira. ISBN 9788416954506. Biblioteca de divulgación. Serie científica. Universidade de …

Auga para todos. Francisco Díaz-Fierros Viqueira. ISBN 9788416954506. Biblioteca de divulgación. Serie científica. Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela 2017. 183 px.

Queres saber da auga? Pois aquí tes un libriño que te facilita as cousas nunha ampla gama de coñecemento e perspectiva sobre a auga. Moi recomendable e didáctico, fai fincapé en feitos e datos para coñecemento e en coñecemento para medre persoal do lector. Postos a procurar chatas, únicamente diría que os datos numéricos ás veces poden inducir a erro de se se refiren a cantidades absolutas ou en función do tempo, tendo que fixarse algo máis nalgún parágrafo para ir máis aló do libro. Pero non vexo que iso de afinar o pensamento sexa malo. Coido que en diante non o citarei só unha vez, senón abondas máis.
Julián Marías: Cara y cruz de la electrónica (Spanish language, 1985, Espasa-Calpe) 5 estrellas

Certamente, non hai libro imprescindible. Mais, se consideramos que hai xa corenta anos da publicación desta obriña curta (cen páxinas de letra grande en formato pequeno) e que as circunstancias sociais dende aquela cambiaron en grande parte debido á tecnoloxía derivada da electrónica, este seria un candidato forte a tal mérito para calquera persoa interesada na sociedade ou na ciencia e tecnoloxía actuais. Houbo quen me preguntou de que parte da electrónica trataba. Escrito por un filósofo, trata sobre o impacto social, cultural, humano ou persoal dunha tecnoloxía que non deixou de desenvolverse e de aumentar a súa importancia en calquera deses campos dende que foi escrito. Algo, por certo, predito polo autor. Ou sexa, moi recomendable. Outra cousa é a súa accsibiidade actual: aínda que lido agora, ten moitos anos xa na miña biblioteca.

Julián Marías: Cara y cruz de la electrónica (Spanish language, 1985, Espasa-Calpe) 5 estrellas

Non sendo imprescindible...

5 estrellas

(Comentado en www.ribadeando.com/2024/08/cara-y-cruz-de-la-electronica.html) Certamente, non hai libro imprescindible. Mais, se consideramos que hai xa corenta anos da publicación desta obriña curta (cen páxinas de letra grande en formato pequeno) e que as circunstancias sociais dende aquela cambiaron en grande parte debido á tecnoloxía derivada da electrónica, este seria un candidato forte a tal mérito para calquera persoa interesada na sociedade ou na ciencia e tecnoloxía actuais. Houbo quen me preguntou de que parte da electrónica trataba. Escrito por un filósofo, trata sobre o impacto social, cultural, humano ou persoal dunha tecnoloxía que non deixou de desenvolverse e de aumentar a súa importancia en calquera deses campos dende que foi escrito. Algo, por certo, predito polo autor. Ou sexa, moi recomendable. Outra cousa é a súa accsibiidade actual: aínda que lido agora, ten moitos anos xa na miña biblioteca.

Remedios Zafra: El informe (Paperback, Castellano language) 2 estrellas

Ensayo sobre el desarrollo burocrático del trabajo intelectual en la actualidad

Comentado en https://www.ribadeando.com/2024/08/recuncho-da-lectura-el-informe.html

Sin valoración

Ó longo do libro notei a repetición do recurso á palabra 'inefable'. a mesma autora o remarca ó final do libro, e recólloo aquí para defenderme contra unha ausencia de imaxinación (miña) para describir un libro con tema e estilo ós que non estou afeito. Nun primeiro momento imaxineime o libro como un desparrame de palabras sobre o papel, onde a idea inicial tópase polo camiño cn outras que cruzan e parten cara outros lugares, levando o rumbo ás veces ben lonxe do que parecía ser a finalidade. Ago que fai que o seguinte tramo de libro comece nun camiño intermedio, ou sinxelamente achegado para rematar noutro lugar, lonxe do pensado mais con pintas de adecuado. E, no medio, verdades coma puños.

terminó de leer El informe de Remedios Zafra

Remedios Zafra: El informe (Paperback, Castellano language) 2 estrellas

Ensayo sobre el desarrollo burocrático del trabajo intelectual en la actualidad

Ó longo do libro notei a repetición do recurso á palabra 'inefable'. a mesma autora o remarca ó final do libro, e recólloo aquí para defenderme contra unha ausencia de imaxinación (miña) para describir un libro con tema e estilo ós que non estou afeito. Nun primeiro momento imaxineime o libro como un desparrame de palabras sobre o papel, onde a idea inicial tópase polo camiño cn outras que cruzan e parten cara outros lugares, levando o rumbo ás veces ben lonxe do que parecía ser a finalidade. Ago que fai que o seguinte tramo de libro comece nun camiño intermedio, ou sinxelamente achegado para rematar noutro lugar, lonxe do pensado mais con pintas de adecuado. E, no medio, verdades coma puños.

David Foenkinos, Gallimard: Le mystère Henri Pick (Paperback, GALLIMARD, French and European Publications Inc, Gallimard) 4 estrellas

Review of 'Le mystère Henri Pick' on 'Goodreads'

4 estrellas

Despois de comezar a publicar en ribadeando.com recensións co tag "recuncho da lectura", copio os últimos comentarios en Goodreads.
Agradable, tranquila e engaiolante historia de amores e desamores disfrazada de vida corrente e trama de investigación sobre un libro de éxito saído da nada. O autor non tenta reviravoltas, senón precisión con sinxeleza nunha trama na que todo é o que parece sen parecer o que é.
Lido para un clube de lectura, segue a afirmarse en min que en xeral a xente que coida un clube ten olfato para aconsellar.

Fred Vargas: Coule la Seine (French language, 2002, Librio) 4 estrellas

Review of 'Coule la Seine' on 'Goodreads'

4 estrellas

Despois de comezar a publicar en ribadeando.com recensións co tag "recuncho da lectura", copio os últimos comentarios en Goodreads.
Composto por tres relatos de detective (Salut et Liberté, La Nuit des brutes e Cinq francs pièce) fóra de liñas trilladas, nunha lingua francesa con particularidades de falada. Cada unha das historias, cos seus ambientes, chega ó seu final sen que podamos falar de thriller, e dun xeito contundente aínda que suave. Recomendable cambio de aires.
Nota: o ISBN non corresponde á edición que lin, que devolvín á biblioteca sen coller ese dato, e o ano de publicación da primeira edición é 2002.

Adanía Shibli: Un detalle menor (Paperback, gaztelania language, Hoja de lata) 5 estrellas

Durante la guerra de 1948, los soldados de una unidad militar israelí destacada en el …

Review of 'Un detalle menor' on 'Goodreads'

3 estrellas

Despois de comezar a publicar en ribadeando.com recensións co tag "recuncho da lectura", copio os últimos comentarios en Goodreads.
Novela. Palestina dende Palestina onte e hoxe. Unha mirada palestina? Pode que moita Palestina? Non o vexo en ningunha das dúas partes do libro, ambas con cousas que se me descubriron. Case como documental, pero non. Si, unha novela dende unha mirada propia que pode resultar revulsiva, pero nin moito menos estraña.
Non o volvería ler, unha vez feita a primeira lectura, da que non deserto. Non porque non me guste a escrita da autora (ao menos, o que deixa ver a tradución), senón por esa desazón que deixa o revulsivo dos detalles menores incrustados nunha narración sen adornos.

Tara Westover, María Alonso Seisdedos: Unha educación (Paperback, Hércules de Ediciones) 3 estrellas

Review of 'Unha educación' on 'Goodreads'

3 estrellas

Despois de comezar a publicar en ribadeando.com recensións co tag "recuncho da lectura", copio os últimos comentarios en Goodreads.
Non sei se pasará á historia; a xulgar pola tradución, dubídoo. Mais volvería lelo. Non ten unha prosa 10, pero sóbralle para a expresión do que quere, a historia dunha familia vista por unha ovella negra non tan negra, dunha muller dende a anulación como persoa á liberación, por defectuosa que sexa. A transformación posible efecto da educación, con todas as eivas que pode significar. E unha ventá aberta ó estrito relixioso que dende Galicia pode que non se comprenda nunha sociedade como a estadounidense.

Isabel Allende: Hija de la fortuna (Spanish language, 2002, Rayo) 4 estrellas

A Chilean woman searches for her lover in the goldfields of 1840s California. Arriving as …

Review of 'Hija de la fortuna' on 'Goodreads'

4 estrellas

Bien encaminada, tiene idea de best seller. La autora demuestra estilo y claridad de ideas en una trama acompañada de prosa adecuada. Arte mismo para encamiar sin miramientos una secuela. Se lee con agrado y aspiración a continuar un poco más. Quedan en duda las ideas de la autora sobre los temas que trata, más allá de lo superficial, pero al tiempo los lectores quedan abocados a ir un poco más allá con sus propias ideas.