Volver
Julián Marías: Cara y cruz de la electrónica (Spanish language, 1985, Espasa-Calpe) 5 estrellas

Non sendo imprescindible...

5 estrellas

(Comentado en www.ribadeando.com/2024/08/cara-y-cruz-de-la-electronica.html) Certamente, non hai libro imprescindible. Mais, se consideramos que hai xa corenta anos da publicación desta obriña curta (cen páxinas de letra grande en formato pequeno) e que as circunstancias sociais dende aquela cambiaron en grande parte debido á tecnoloxía derivada da electrónica, este seria un candidato forte a tal mérito para calquera persoa interesada na sociedade ou na ciencia e tecnoloxía actuais. Houbo quen me preguntou de que parte da electrónica trataba. Escrito por un filósofo, trata sobre o impacto social, cultural, humano ou persoal dunha tecnoloxía que non deixou de desenvolverse e de aumentar a súa importancia en calquera deses campos dende que foi escrito. Algo, por certo, predito polo autor. Ou sexa, moi recomendable. Outra cousa é a súa accsibiidade actual: aínda que lido agora, ten moitos anos xa na miña biblioteca.