agremon reseñó El informe de Remedios Zafra
Comentado en https://www.ribadeando.com/2024/08/recuncho-da-lectura-el-informe.html
Ó longo do libro notei a repetición do recurso á palabra 'inefable'. a mesma autora o remarca ó final do libro, e recólloo aquí para defenderme contra unha ausencia de imaxinación (miña) para describir un libro con tema e estilo ós que non estou afeito. Nun primeiro momento imaxineime o libro como un desparrame de palabras sobre o papel, onde a idea inicial tópase polo camiño cn outras que cruzan e parten cara outros lugares, levando o rumbo ás veces ben lonxe do que parecía ser a finalidade. Ago que fai que o seguinte tramo de libro comece nun camiño intermedio, ou sinxelamente achegado para rematar noutro lugar, lonxe do pensado mais con pintas de adecuado. E, no medio, verdades coma puños.