Volver
Tara Westover, María Alonso Seisdedos: Unha educación (Paperback, Hércules de Ediciones) 3 estrellas

Review of 'Unha educación' on 'Goodreads'

3 estrellas

Despois de comezar a publicar en ribadeando.com recensións co tag "recuncho da lectura", copio os últimos comentarios en Goodreads.
Non sei se pasará á historia; a xulgar pola tradución, dubídoo. Mais volvería lelo. Non ten unha prosa 10, pero sóbralle para a expresión do que quere, a historia dunha familia vista por unha ovella negra non tan negra, dunha muller dende a anulación como persoa á liberación, por defectuosa que sexa. A transformación posible efecto da educación, con todas as eivas que pode significar. E unha ventá aberta ó estrito relixioso que dende Galicia pode que non se comprenda nunha sociedade como a estadounidense.