Perfil de usuario

Jorganes

Jorganes@lectura.social

Unido hace 2 años, 8 meses

En Mastodom: @Jorganes@mastodon.gal En Ribeira temos un club de lectura. Un libro ao mes escollido polas participantes. Tamén gusto de ler cousas relacionadas co ambiente, xustiza social, paz e emerxencia climática. Agora tamén participo do club de lectura fotográfico de Jota Barros.

Este enlace se abre en una ventana emergente

Los libros de Jorganes

Para leer (Ver los 43)

Leyendo actualmente (Ver los 7)

Objetivo de Lectura de 2025

¡85% terminado! Jorganes ha leído 17 de 20 libros.

Antía Yáñez: o clan das barbies (Hardcover, xerais)

Un tempo futuro onde a baixa natalidade é unha preocupaxión global. Dúas mulleres e un …

Distopía sobre o uso dos corpos femeninos

Por algún sitio lin que a autora se inspirou no conto da criada de Margaret Atwood. O libro sitúanos nun futuro próximo onde os corpos das mulleres son obxecto de compra-venta, sobre todo para a procreación. Ao principio custoume entrar na trama, pero da metade para adiante léese do tirón. Ademais, partindo dunha situación moi deprimente, as personaxes vanse empoderando (e ata aí podo contar). Recomendo a súa lectura. É o primeiro libro que leo de Antía Yáñez, pero a súa lectura anímame a ler máis cousas desta autora, por exemplo, «Non penses nun elefante rosa».

reseñó Estuve aquí y me acordé de nosotros de Anna Pacheco (Nuevos cuadernos Anagrama, 68)

Anna Pacheco: Estuve aquí y me acordé de nosotros (Spanish language, 2024, Anagrama)

Una brillante radiografía de las dinámicas laborales en el sector del turismo.

El turismo ha …

¡No putees al personal que te hace la vida más feliz cuando estás de vacaciones!

No sé cómo este libro cayó en mis manos. Me lo he leído casi del tirón. Es un libro bastante corto que cuenta la historia del turismo vista desde el punto de vista de las y los trabajadores. Siempre me ha gustado mucho viajar, y siempre he sentido una responsabilidad para que mi forma de viajar no tenga un impacto demasiado grande en los destinos que visito. El libro nos enfrenta a una contradicción. Vemos a las personas que trabajan en grandes empresas hoteleras, y pensamos que están muy puteadas. Pero por otro pensamos que si no existieran esos hoteles, no podrían disponer de un medio de vida. Supongo que a quien lo lea le servirá para que cuando vaya de vacaciones, piense un poco en todas esas personas que hacen de su estancia un lugar más agradable.

Óscar Reboiras Loureiro: A agonía das folerpas (Paperback, galego language, EDITORIAL GALAXIA S.A.)

II Premio de Novela Galicia Rural 2022. A aldea de Salgueiro leva décadas abandonada. A …

Suspense na Galiza baleirada

Proposta para o club de lectura de Ribeira para o mes de setembro de 2025. As lectoras buscaban unha lectura de evasión, e abofé que a conseguiron con este libro. O libro está moi ben ambientado na aldea de Salgueiro, unha aldea hoxe abandonada no Parque do Xurés preto de Portugal. Nesa aldea uns traballadores da construción atopan uns ósos que cren que se tratan duns restos arqueolóxicos. Porén os restos son recentes. A trama complícase cando o contratista da obra quere agachar o achado, ao tempo que unha bolseira dun xornal descubre todo. A novela mantén a tensión dende o comezo mediante capítulos curtos nos que trata de cada una das personaxes. Un libro interesante para pasar uns momentos de lectura ben entretidos.

Marga Tojo: SARELA (Paperback, galego language, 2025, Edicións Positivas) Sin valoración

Unha xornalista de volta en Compostela, un trompetista, o cadáver dunha muller no río Sarela, …

Anna Figueiredo coordinadora de clubs de lectura do Culturgal proponnos esta lectura. E engade: «Sarela é un novelón, non só pola escolla da trama e por todo o que nos conta de Santiago de Compostela, tamén polo coidado da lingua, do estilo narrativo e pola cantidade de detalles (en especial para aquelas persoas que están algo cansas de que as novelas de detectives/noir/procedimentais non reflictan un mundo verosemellante e ignoren a perspectiva de xénero) que se descubren na súa lectura. Coido que daría para xuntanzas ben interesantes dos vosos clubs pero... Ai amigos e amigas! Que isto é o Culturgal expandido, así que, para aqueles clubs que queiran ler o libro temos preparado un encontro coa autora no Culturgal expandido, que este ano terá lugar en Ribeira na última fin de semana de outubro.» E o noso club é precisamente o de Ribeira! Ímolo ler!

David Uclés: La península de las casas vacías (Paperback, Gaztelania language, 2024, Siruela)

He aquí la historia de la descomposición total de una familia, de la deshumanización de …

José Saramago: O Evangelho segundo Jesus Cristo : romance (Portuguese language, 2005)

The Gospel According to Jesus Christ (original title: O Evangelho Segundo Jesus Cristo, 1991) is …

Un libro filosófico moi interesante, pero atravesóuseme!

Este libro lino en portugués. Sentira que o portugués de Saramago estaba moi españolizado, e cos meus pobres coñecementos de galego pensei que podería afrontalo sen problema; pero atravesóuseme.

O libro relata a vida e pensamentos de Xesucristo. A súa vida, é máis o menos como a coñecemos dos evanxeos, pero o seu pensamento é moi diferente. Temos un Xesús mozo moi complicado, enfrontado co pai e con toda á familia, ao tempo que carga coa culpa do seu pai. E temos un Xesús adulto enfrontado a Dios Padre e que acotío cuestiónao.

Sen dúbida é un libro moi interesante, que houbese debido ler en castelán para ter gozado máis coa súa lectura.