Lectura difícil pero necesaria
4 estrellas
O libro vai de como os colonizadores europeos trataramos ás persoas indíxenas e coido que tamén vai de como o seguimos a facer. A autora reflexiona sobre a propia descolonización mental das persoas que agora viven no Brasil. Fíxoseme un pouco difícil de ler no galego internacional (Português Brasileiro) porque a autora usa moito vocabulario indíxena propio da Foresta Amazónica, mais é un libro moi interesante. Este libro lino no meu intento de ler un libro de cada país. #UnLibroUnPaís. Polo momento só van catro. En vermello de autores e en lila de autoras: mapasonline.com/paises/pb-3lm6381br41
