Jorganes quiere leer O som do rugido da onça de Micheliny Verunschk
Lamentablemente non atopo tradución para este libro en castelán (e moito menos en galego). Tentarei lelo no galego internacional, a ver se son capaz. Estiven buscando un libro para o meu proxecto #UnLibroUnPaís. Quería cambiar de continente e pensei en Brasil. Alí atopei esta moi boa páxina sobre literatura do Brasil: tomaaiumpoema.com.br/escritoras-brasileiras-contemporaneas-que-voce-precisa-conhecer/ O primeiro libro dos recomendados é o que escollín. Non só por ser o primeiro, senón porque o tema paréceme moi interesante. Seguro que perdo outras moi boas lecturas recomendadas nes páxina. O feito de que a maioría dos libros recomendados non estean publicados en castelán, faime pensar de que o proxecto #UnLibroUnPaís é moi necesario. Nun mundo globalizado podemos acceder a contidos culturais de todo o mundo, pero moito me temo que só son facilmente accesibles aqueles contidos que aos poderes lles interesa.
