Reseñas y comentarios

ghose 📚

ghose@lectura.social

Unido hace 10 meses, 3 semanas

aka @ghose

Tradutor da interface web de bookwyrm ao #galego. Avatar: Enchanted pages, by David Revoy (fragment, CC-By 4.0)

formerly known as ghose at bookrastinating dot com, moved here.

Keyoxide🔒

Este enlace se abre en una ventana emergente

Penelope Fitzgerald: La librería (Spanish language, 2010)

The Bookshop is a 1978 novel by the British author Penelope Fitzgerald. It was shortlisted …

¿Alguna vez te has preguntado si tus reseñas le interesan a alguien? Cuéntanos tu experiencia como Autónomo.

unha señora experimenta a vida como autónoma ao abrir unha librería nunha pequena vila do rural costeiro de Inglaterra.

A vida pasa entre as envexas, os atrancos das malidicencias, os problemas económicos, a soidade, as pantasmas (reais e imaxinarias), o choque de personalidades, solidariedade e axuda por parte de quen non a esperas,… e tamén polas minucias propias do rural e o xeito de vida que conleva: moito traballo, moito aburrimento, moita falta de expectativas.

Non faltan notas de humor (británico?) ou sorna que che traen un sorriso á cara, pero deixoume algo frío, creo que debido a algún personaxe como o fulano que traballa na BBC (displicente e soberbio?), a rapariga que lle axuda na tenda (sen empatía?), quizá lle dá demasiado protagonismo á antagonista, ou polo menos eu creo que merecía mellor trato a rapariga (facela máis amigable, aínda que fose ao estilo do señor …

reseñó La guerra de la amapola de R. F. Kuang (La guerra de la amapola, #1)

R. F. Kuang: La guerra de la amapola (Hardcover, Gaztelania language, 2023, Hidra)

La guerra de la amapola, finalista de los prestigiosos premios Hugo, Nebula y World Fantasy,es …

Non me aportou nada. A min.

ía poñerlle 3⭐, porque é entretemento lixeiro e decente, pero este último capítulo da novela pareceume incluso desagradable, non só por recrearse en detalles violentos e morbosos (cousa que é residual no resto da novela), que tamén, se non por presentar ás lectoras un debate ético cando a protagonista está toda a novela dicindo «que non, que pa'lante». Está metido con calzador. Faina quedar como unha persoa inestable e carente de principios éticos. Hai que engadir que é unha post-adolescente, así que sexamos comprensivas (e condescendentes).

Extrañaríame moito que lese a segunda parte da novela (e sucesivas?) habendo tantos libros por aí que aportan algo.

En xeral pareceume unha novela plana, pouco suxerente, con escenas e xiros na historia nada creíbles incluso participando da fantasía proposta, unha novela que che fai apreciar as que son mellores e non andar regalando estreliñas como se non houbese que …

comentó acerca de La guerra de la amapola de R. F. Kuang (La guerra de la amapola, #1)

R. F. Kuang: La guerra de la amapola (Hardcover, Gaztelania language, 2023, Hidra)

La guerra de la amapola, finalista de los prestigiosos premios Hugo, Nebula y World Fantasy,es …

Advertencia de contenido «A ver, *Sancho*, quita el móbil y mírame en en Gugle la reputación de esa venta que asoma al final de la vereda que baja al río. No puedo con mis huesos, pero esos farolillos de colores no auguran retiro espiritual»

Samuel Woolley: Manufacturing Consensus (2023, Yale University Press) Sin valoración

Deixo anotado este libro para ler. Grazas ao comentario de @bomkatt@ohai.social entroume curiosidade. Pode ser «interesante», pero seguro que tamén triste, ou polo menos seguro que a min ponme triste, sempre vexo estas cousas polo lado pesimista, así que deixoo anotado para cando teña un estado de ánimo proclive ao distanzamento afectivo (e nada máis agradable que ler).

comentó acerca de La guerra de la amapola de R. F. Kuang (La guerra de la amapola, #1)

R. F. Kuang: La guerra de la amapola (Hardcover, Gaztelania language, 2023, Hidra)

La guerra de la amapola, finalista de los prestigiosos premios Hugo, Nebula y World Fantasy,es …

a primeira parte desta novela está deseñada para presentar o marco xeográfico, político, ecocnómico, as personaxes principais e as coordenadas da «fantasía» da que debemos ser partícipes.

Reinos de «taifas» en loita secular que desfrutan dun período de non agresión que acada o seu fin.

Con este marco xeral establecido comeza a desenvolverse, a ampliarse, o que parece ser o obxecto principal da novela.