Reseñas y comentarios

ghose 📚

ghose@lectura.social

Unido hace 2 meses

aka @ghose

Tradutor da interface web de bookwyrm ao galego. Os libros que leo son a mellor referencia sobre min. Lin moito Mortadelo, Asterix, 13 rue del Percebe, Zipi y Zape,…

En caso de dúbida… elixo un clásico. Por definición superaron a proba do tempo. Hai centos que aínda non lin!!

formerly known as ghose at bookrastinating dot com, moved here.

Keyoxide🔒

Este enlace se abre en una ventana emergente

reseñó The Day Before the Revolution de Ursula K. Le Guin (Hainish Cycle, #6.5)

Ursula K. Le Guin: The Day Before the Revolution (2017, HarperCollins)

This short story focuses on the bittersweet ruminations of an old woman who began a …

now I can't help but reading *The Dispossessed*

at the end of the road, Laia reflects about her life, her work, all she gave and got, what she was and now remains.

vou ter que ler Los desposeídos, en castelán, porque lembro que comezara a lelo en inglés e non me cundía (non teño nivel suficiente). E en portugués? Non sei se probar. En #galego vexo tres boadiceaeditora.gal/?product_cat=0&s=le+guin&post_type=product Claro, antes de nada voulle enviar un correo a Boadiceaeditora para que coñezan o fediverso. O «non» xa o teño :)

Stefan Zweig: El Mundo de Ayer (Spanish language, 2003, El Acantilado)

Non empaticei co autor, pero resultoume moi interesante e ilustrativo para coñecer o contexto da súa época.

Fai case 100 anos un fulano tamén dixo o de crear unha nova orde. Actualmente temos un fulano que di o mesmo, de cando en vez sale algún así, o problema é cando ese fulano de turno pode financiar a «transición á nova orde».

Isto foi o que me fixo ler o libro, entender e coñecer como era o mundo de antes, o mundo da seguridade onde se criou o señor Zweig. A seguridade de el e os que eran como el, claro. (Aquí estou sendo un pouco inxusto co autor, pois a Seguridade á que se refire é a unha estabilidade política e económica que proporcionaba un marco de relacións coñecido e predecible, o que permitía a ricos e pobres actuar en consecuencia).

Así, por unha parte, satisfixen a curiosidade, e agora entendo mellor a transición política (revolución!) de Centro Europa, de como os Imperios e actores políticos …

comentó acerca de El mundo de ayer de Stefan Zweig (Biblioteca de obras famosas,)

supoño que hoxe en día unha persoa con esta ansia intelectual e MOITOS cartos podería levar a vida que tivo este home. Non coñezo a ninguén así (tanto pola ansia como polos cartos), pero creo que atopar alguén con esas gañas de facerse coa esencia do arte en todas as súas formas é máis difícil que atopar un millonario/a. Sobre todo á súa idade. Eran outro tipo de sociedade, con diferentes estímulos (tal como acredita). A verdade, cóstame imaxinar a alguén así, que seguro que hoxe en día tamén hai, indo de capital a capital europea conversando e deixándose atrapar pola intelectualidade da época. Que si unha lectura na casa do Yeats, que si co Rodin en bata traballando no seu taller... Paréceme todo invención, unha fantasía do autor, pero xa digo, eran outros tempos e así podía permitirse vivir. Despois xa virán as ~~hostias~~, supoño. Interesante como describe …

Manuel Esteban: O xogo de Escher (EBook, galego language, Edicións Xerais)

Conectados ao gran computador central da compañía Escher, milleiros de seres humanos experimentan múltiples vidas, …

Faiche apreciar outros traballos

A premisa do relato pode resultar interesante, pero a resolución deixoume frío. Sempre é difícil nun relato curto cando abres un universo e posibilidades e debes cadrar todo o proposto. Véxolle outros problemas, como o innecesrio detalle historicista, pero é cuestión de gustos.

O de apreciar outros traballos é porque non sempre somos xustas valorando os libros.