Volver

reseñó Os dous de sempre de Castelao (Biblioteca Castelao)

Castelao: Os dous de sempre (Paperback, Galego language, 2015, Editorial Galaxia, S.A.)

Graza, tenrura e melancolía nun libro no que Castelao plasma a súa visión esencial do …

relectura dun clásico, neste ano de lembranza

sempre é agradable volver a ler estes libros. Dalgún xeito conéctanme a unha realidade que, aínda non vivida en primeira persoa, forma parte da memoria colectiva real. Relata feitos acontecidos, narrados por quen os coñeceu en primeira persoa. Xa teño unha idade, así que expresións e lugares, costumes e tradicións, aínda perviven na memoria vivida. Non coñecín a fame, e meus pais evitárona de refilón (a memoria edulcora o pasado, sempre pensei) pero o traballo esclavo e a fame si estaban nas conversas cando neno.

O libro segue a peripecia vital de dúas persoas que traban amizade cando nenos, separados pola vida e o carácter, os seus camiños converxen novamente en circunstancias totalmente diferentes ás do comezo.

Ponme moi nervioso ler o relato de Pedriño, triggering, que lle din.