Os dous de sempre

por

Tapa blanda, 252 páginas

Idioma Galego

Publicado el 1 de octubre de 2015 por Editorial Galaxia, S.A..

ISBN:
978-84-8288-741-8
¡ISBN copiado!
Número OCLC:
65460481

Ver en OpenLibrary

(1 reseña)

Graza, tenrura e melancolía nun libro no que Castelao plasma a súa visión esencial do pobo galego. Esta novela, publicada por primeira vez en 1934, converteuse, desde a súa recuperación por Galaxia en 1967, nun dos libros preferidos polos nosos lectores, que fixeron del unha das obras de máis difusión de toda a historia da literatura galega. É a historia de dous tipos universais, Pedriño e Rañolas, que encarnan dúas maneiras de ser de sempre. O primeiro, que ve o mundo desde a perspectiva da ra, sería quen de comer o seu pai polos pés. O segundo, que se fose rico andaría nun cabalo branco, ve o mundo desde a perspectiva alta do paxaro. Os dous de sempre é a única novela de Castelao.

1 edición

reseñó Os dous de sempre de Castelao (Biblioteca Castelao)

relectura dun clásico, neste ano de lembranza

sempre é agradable volver a ler estes libros. Dalgún xeito conéctanme a unha realidade que, aínda non vivida en primeira persoa, forma parte da memoria colectiva real. Relata feitos acontecidos, narrados por quen os coñeceu en primeira persoa. Xa teño unha idade, así que expresións e lugares, costumes e tradicións, aínda perviven na memoria vivida. Non coñecín a fame, e meus pais evitárona de refilón (a memoria edulcora o pasado, sempre pensei) pero o traballo esclavo e a fame si estaban nas conversas cando neno.

O libro segue a peripecia vital de dúas persoas que traban amizade cando nenos, separados pola vida e o carácter, os seus camiños converxen novamente en circunstancias totalmente diferentes ás do comezo.

Ponme moi nervioso ler o relato de Pedriño, triggering, que lle din.