Perfil de usuario

Jorganes

Jorganes@lectura.social

Unido hace 2 años, 3 meses

En Mastodom: @Jorganes@mastodon.gal En Ribeira temos un club de lectura. Un libro ao mes escollido polas participantes. Tamén gusto de ler cousas relacionadas co ambiente, xustiza social, paz e emerxencia climática. Agora tamén participo do club de lectura fotográfico de Jota Barros.

Este enlace se abre en una ventana emergente

Los libros de Jorganes

Para leer (Ver los 41)

Leyendo actualmente (Ver los 5)

Objetivo de Lectura de 2025

¡45% terminado! Jorganes ha leído 9 de 20 libros.

Xabier Quiroga: Coa man esquerda (Paperback, 2023, Edicións Xerais) 5 estrellas

En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén …

Seguir lendo ou procurar palabras no diccionario

Sin valoración

Rematei de dúas sentadas o último libro de Xabier Quiroga "Coa Man Esquerda" e só podo dicir que se tedes ocasión o leades. Conta a historia dun neno, dende a súa propia voz canda vello, que escribe o seu testamento vital. A novela ten un vocabulario riquísimo, como adoitan ter as de Xabier Quiroga. Vai descubrindo a trama aos poucos, con delicadeza; de xeito que non queres deixar a lectura ata que remate e, cando estás rematando, querías que non rematase.

Berta Dávila: Os seres queridos (Paperback, 2022, Edicións Xerais de Galicia, S. A.) 4 estrellas

Berta Dávila é unha magnífica escritora e seguro que a lectura deste libro non te vai deixar indiferente. Pode que te pareza que a autora está distante, pero os sentimentos van aflorar en ti coma nunha montaña rusa. Se a protagonista ten depresión, vas sentirte deprimida; se está leda, ti tamén o estarás. O libro toca moitos temas, que no noso club de lectura deron para un longo e animado debate. O tema central coido que é a maternidade, mais ao redor xorden outros moi interesantes como a depresión post parto, a violencia obstétrica, o aborto... En definitiva, unha lectura moi recomendable mais para ler en momentos de tranquilidade, pois por momentos pode resultar un pouco lúgubre.