Volver
Antón Riveiro Coello: Hotel Carioca (Paperback, Galego language, 2023, Editorial Galaxia) 4 estrellas

I PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO DE NOVELA 2022 Verán de 1982. Helena ten 13 anos e …

Metaliteratura

4 estrellas

Hotel Carioca toca moitos temas. Vai de familias, adolescencia, anos 80, música, pintura, Brasil, emigración, homosexualidade, morte digna, pero sobre todo vai de metaliteratura. Tivemos a sorte de contar no noso club de lectura co autor -Antón Riveiro Coello- quen nos contou canto hai de ficción e realidade na novela, e tamén da arte de escribir e publicar un libro, de premios literarios y moitas outras cousas. Antón xa estivo no noso club con varias das súas outras novelas. E desta volta tampouco nos defraudou. A súa lectura é áxil, e sen querelo, decátaste sorprendido de que estás a ler unha novela dentro de outra.