A agonía das folerpas

210 x 135 mm, 415 páginas

Idioma galego

Publicado por EDITORIAL GALAXIA S.A..

ISBN:
978-84-9151-920-1
¡ISBN copiado!

Ver en OpenLibrary

(1 reseña)

II Premio de Novela Galicia Rural 2022. A aldea de Salgueiro leva décadas abandonada. A súa propietaria, a Xunta de Galicia, decide convertela nun complexo turístico. En pleno Parque Natural do Xurés, e afastada de todo, é o enclave ideal para descansar. Ou para que un asasino en serie enterre as súas vítimas. Unha noviña xornalista chega por casualidade ao lugar. O que en principio é un achado arqueolóxico, convértese nun suceso que revoluciona a actualidade informativa. A agonía das folerpas xunta todos estes ingredientes e, sobre todo, as vidas dos seus protagonista. Tres seres solitarios que buscan, cada un ao seu xeito, evadirse dunha existencia baleira. Tres persoas que non semellan encaixar e que, non obstante, acaban formando equipo co obxectivo de descubrir que esconden as mortes de Salgueiro.

1 edición

Suspense na Galiza baleirada

Proposta para o club de lectura de Ribeira para o mes de setembro de 2025. As lectoras buscaban unha lectura de evasión, e abofé que a conseguiron con este libro. O libro está moi ben ambientado na aldea de Salgueiro, unha aldea hoxe abandonada no Parque do Xurés preto de Portugal. Nesa aldea uns traballadores da construción atopan uns ósos que cren que se tratan duns restos arqueolóxicos. Porén os restos son recentes. A trama complícase cando o contratista da obra quere agachar o achado, ao tempo que unha bolseira dun xornal descubre todo. A novela mantén a tensión dende o comezo mediante capítulos curtos nos que trata de cada una das personaxes. Un libro interesante para pasar uns momentos de lectura ben entretidos.

Temas

  • Ficción moderna e contemporánea
  • Ficción
  • Ficción literaria

Listas