Volver
Óscar Reboiras Loureiro: A agonía das folerpas (Paperback, galego language, EDITORIAL GALAXIA S.A.)

II Premio de Novela Galicia Rural 2022. A aldea de Salgueiro leva décadas abandonada. A …

Suspense na Galiza baleirada

Proposta para o club de lectura de Ribeira para o mes de setembro de 2025. As lectoras buscaban unha lectura de evasión, e abofé que a conseguiron con este libro. O libro está moi ben ambientado na aldea de Salgueiro, unha aldea hoxe abandonada no Parque do Xurés preto de Portugal. Nesa aldea uns traballadores da construción atopan uns ósos que cren que se tratan duns restos arqueolóxicos. Porén os restos son recentes. A trama complícase cando o contratista da obra quere agachar o achado, ao tempo que unha bolseira dun xornal descubre todo. A novela mantén a tensión dende o comezo mediante capítulos curtos nos que trata de cada una das personaxes. Un libro interesante para pasar uns momentos de lectura ben entretidos.