Reseñas y comentarios

ghose 📚

ghose@lectura.social

Unido hace 1 año, 1 mes

aka @ghose

Tradutor da interface web de bookwyrm ao #galego. Avatar: Enchanted pages, by David Revoy (fragment, CC-By 4.0)

formerly known as ghose at bookrastinating dot com, moved here.

Keyoxide🔒

Este enlace se abre en una ventana emergente

Antía Yáñez: Senlleiras (Paperback, Editorial Galaxia, S.A.)

PREMIO DE NARRATIVA ILLA NOVA 2018

A novela das mulleres que rachan co silencio. …

por agora está ben, entretén mentras presenta as (por agora) dúas liñas temporais.

Está correctamente escrito. Sabes o que quero dicir? Non é unha marabilla, non é esa sensación das frases escritas no lugar e coas palabras perfectas. Non é esa sensación ao ler ao Gª Márquez de turno (tampouco esperaba iso), pero está dous chanzos por enriba da autoedicións do amazon. Quero dicir con isto que vou seguir lendo, aínda que xa temo por onde vai ir a historia. "Temo" porque un pouquiño de misterio e intriga sempre ven ben, que igual meto a zoca e non sae por onde supoño.

Sechu Sende: Made in Galiza (Galego language, 2007, Editorial Galaxia)

Logo de Orixe, a súa primeira novela e Premio Blanco Amor 2003, Séchu Sende volve …

por veces é triste

A sensación aquela de mirarse ao espello e ver algo que nos caracteriza, incluso nos define, asumila con naturalidade, pero hai quen te mira e parécelle unha eiva, mais para ti é simplemente parte de quen es, sen maior importancia. Sabes que non es mellor ou máis importante que outras, só es ti.

Emporiso, se veñen a darche a turra con A ver cando arranxas iso, ou Tes que ir ao médico a que cho vexa, ou peor aínda... non tes dereitos fundamentais garantidos ou sofres discriminación social (nas relacións persoais, laborais, coa administración pública,...) debido a esa característica túa, entón complícase a cousa e comezas a mirarte ao espello doutro xeito, a pensar en como arranxar o "problema", a tapalo, a que non se vexa.

O libro son relatos curtos, moi breves algúns, case fragmentos de escenas, onde se intenta pór en valor a …

Every year, countless runners, endurance athletes, and outdoor enthusiasts discover the sport of trail running. …

Aquí tes a miña mán, acompáñote.

O obxectivo deste libro é quitarlle o medo á xente a correr por camiños.

Motivación

O temor ao que non coñecemos semella ser un dos factores principais que fan que a xente non corra na natureza. A curiosidade non abonda para superalo, e este libro intenta darlle unha man e acompañar a quen o precise.

O libro publicouse en 2014 (hai dez anos) e algunhas das referencias e bibliografía poden parecer desactualizadas, pero o 99% do contido do libro é totalmente asimilible á época actual.

Dito isto, eu non fun quen de ler todos e cada un dos capítulos ao completo. Ao estar orientado, principalmente, a persoas que corren pero só o fan en asfalto/pista entón a min facíaseme repetitivo a veces e redundante, como se me estivesen contando algo que xa sabía. De feito así é despois de tantos anos correndo polo monte.

Every year, countless runners, endurance athletes, and outdoor enthusiasts discover the sport of trail running. …

busco desesperadamente "inspiración", a ver se a atopo neste libro.

Helen Czerski: ¿Por qué a los patos no se les enfrían los pies? (2017, Paidós) Sin valoración

Nuestro hogar, la Tierra, es caótico, mutable y está repleto de objetos mundanos que tocamos …

deixo de ler non porque non esteaben, se non porque me parece máis axeitado para ler no verán, tirado na area. De todas formas a tradución é moi plana, pode que sexa tamén así o orixinal. Non vou dicir que é a Muy Interesante 😬, pero pouco máis.

reseñó E fixemos a luz! de Salvador Bará Viñas

Es curiosa? Si, ti que les isto.

Obertura.

O libro é unha porta aberta á curiosidade, para despertala ou estimulala.

Interludio.

Que un fotón se defina como unha partícula sempre me leva a confusión. É desas cousas que por máis que les non acabas de cambiar o concepto inicial que dela tiveches (ou creras entender). O meu problema son todas as connotacións que asocio á palabra partícula, entre elas a masa, a finitude, corporidade,... imaxino boliñas. Por se non abondase, resulta que é un bosón e ademáis participa en tres das catro interaccións básicas da materia. Isto non ven no libro (nin falta fai).

Ven isto a conto de varios momentos do libro onde ao lelos pensaba "vale, si, pero é algo máis complicado de como o contas".

Lembro cando abrín unha conta en pixelfed puxen na descrición algo así como "gústame a luz". Algo pretencioso,

Haruki Murakami: Sputnik, mi amor (Spanish language, 2009, Tusquets)

Del mismo modo en que, en el viaje del satélite ruso Sputnik, la perra Laika …

Lectura moi interesante.

Ummm, según ía lendo... preguntábame a onde me quería levar o autor. En realidade estiven todo o tempo onde el quería: dándolle voltas á cabeza.

A historia é unha excusa para facer falar ao protagonista principal, que inicialmente se sitúa como narrador que pon a luz sobre outra persoa e mediada a novela sitúase no centro da acción. Este cambio, esta inversión, fai que a estrutura da novela atenda ás visicitudes dos protagonistas (isto non é un spoiler). Pequenos detalles como este, formais e sen complicacións, son moi bonitos de apreciar.

A novela semella ir nunha dirección pero realmente reflexiona acerca da identidade propia, da autopercepción e da construcción desa identidade en relación a nós mesmos e a quen nos rodea.

Hai algún capítulo que non lle atopei sentido, ou máis ben a razón da súa inclusión (no contexto da novela) pero pode que simplemente …

Haruki Murakami: Sputnik, mi amor (Spanish language, 2009, Tusquets)

Del mismo modo en que, en el viaje del satélite ruso Sputnik, la perra Laika …

Advertencia de contenido en realidade non conto nada, pero por si acaso alguén lle afecta

reseñó Perder as bestas de Manuel Veiga Taboada

Manuel Veiga Taboada: Perder as bestas (Paperback, Edicións Xerais)

cacería e contrainsurxencia nos montes da raia

en realidade con tres estreliñas ⭐ ⭐ ⭐ vai que chuta, pero haille que ser agradecidos. O que mais me gustou do relato foi o esforzo por incluír vocabulario das zonas onde acontecen os feitos, que podemos situar nunha zona de montaña entre Portugal e España. Os montes, os bosques, os ríos, a vexetación, os tipos de casas e traballos, ... cada cousa polo seu nome.

Ao rematar a Guerra Civil española unha cuadrilla de irregulares dos fascistas vencedores vai polo monte a cazar ateos e, de paso, a realizar actos de sabotaxe no seu nome para poñer a poboación en contra deles. Contrainsurxencia, creo que se lle di a isto. O estilo é aquel de Cormac McCarthy, a do deserto, Meridiano de sangre, onde todos son malos. Ou a de este outro, español, entre olivos e cabras, que non lembro o nome e podería miralo antes …