uuuuuu, un gato 🐈 nun mercante espacial! Nada bo pode saír disto 😜
Bonus: psicofonías cibernéticas.
aka @ghose⁂
Tradutor da interface web de bookwyrm ao #galego. Avatar: Enchanted pages, by David Revoy (fragment, CC-By 4.0)
formerly known as ghose at bookrastinating dot com, moved here.
Este enlace se abre en una ventana emergente
O libro trata desde unha perspectiva analítica a efectividade dos diferentes métodos de RECUPERACIÓN física/mental para persoas que fan deporte (analiza datos, os estudos dispoñibles no momento de escribilo) Ao pouco de comezar o libro xa tiven a sospeita de que ía ser «decepcionante», no sentido de que non había ningún método milagroso que acelerase.
Non trata sobre aumentar o rendemento (directamente), nin a resistencia, forza, etc., se non sobre asimilar o adestramento e recuperarse do esforzo.
Desde diferentes formas de crioterapia, pasando por formas de controlar a inflamación, aumentar o fluxo sanguíneo, infravermellos de diferente lonxitude de onda, ... non hai ningunha forma que de xeito concluínte demostre a súa efectividade de forma significativa como si o fai durmir.
Certo, todas elas teñen lexións de seguidoras e practicantes, pero parece existir un compoñente sicolóxico moi forte, en canto a adhesión á práctica como a …
O libro trata desde unha perspectiva analítica a efectividade dos diferentes métodos de RECUPERACIÓN física/mental para persoas que fan deporte (analiza datos, os estudos dispoñibles no momento de escribilo) Ao pouco de comezar o libro xa tiven a sospeita de que ía ser «decepcionante», no sentido de que non había ningún método milagroso que acelerase.
Non trata sobre aumentar o rendemento (directamente), nin a resistencia, forza, etc., se non sobre asimilar o adestramento e recuperarse do esforzo.
Desde diferentes formas de crioterapia, pasando por formas de controlar a inflamación, aumentar o fluxo sanguíneo, infravermellos de diferente lonxitude de onda, ... non hai ningunha forma que de xeito concluínte demostre a súa efectividade de forma significativa como si o fai durmir.
Certo, todas elas teñen lexións de seguidoras e practicantes, pero parece existir un compoñente sicolóxico moi forte, en canto a adhesión á práctica como a sentir que funciona.
O libro está cheo de referencias personais da autora (ela experimentou con todo) así como a produtos que nos venden as estrelas publicitarias (atletas profesionais) máis famosas. Aquí está outro compoñente de todo o tema: o capitalismo. Non quero recurrir á broma clásica, e podería ser Yoko Ono, pero non cabe máis que chamalo polo seu nome.
Lese facilmente e aos poucos, pode ser entretido para persoas motivadas nestes temas.
¹ aquí a «fe» refírese a ter confianza no método que escollas para recuperarte, algo así como un efecto placebo, máis ou menos, porque hai detalles que importan, pero mentras che están dando unha masaxe, ou estás na sauna de infravermellos, polo menos estás quieta e relaxada. Ahí podería estar o asunto, que ven dar ao mesmo que: durmir máis e mellor.
[...] Non hai drama, nin reflexión, hai acción. Movémonos coas ondas e a brisa do mar, cos arumes dos pinos, do sal, e do ron. Lemos os xogos de enganos e artimañas das que se valen os protagonistas (todo pirolos) para sobrevivir aos acontecementos. Asistimos, abraiados, á valentía e coraxe do nóso heróe, como por instinto e serindipia parece determinar os acontecementos. [...]
Copiado da recensión completa no blog

When I read something like:
"As far as the body is concerned, stress is stress—it doesn't matter if it comes from a session of intervals or from the emotional strain of a romantic breakup, says John Kiely, an Irish sports scientist and performance coach who's worked with world- class athletes in numerous sports, including rugby and track"
it remainds me "calorie is a calorie wherever it comes from". My ass (excuse me). So "stress is stress"? I'm not sure. I can cope far better with phisical stress than with mental stress

por agora todo é "non hai evidencia científica que soporte que Xxxx mellora a recuperación", sendo Xxxx todas esas cousas que nos venden (literalmente). Nin meterlle proteínas ou comer xusto despois de adestrar (a non ser que vaias repetir en poucas horas); nin o frío/xeo; beber _gatorades tampouco; ... TODO MAL.
Nada, algo haberá, digo eu. A ver se vai resultar que tirarse no sofá patas parriba un par de horas é o que mellor nos recupera XD Espero non estar facendo spoiler

por Christie Aschwanden en.wikipedia.org/wiki/Christie_Aschwanden
Eu: aquí, pensando.
(...)
Non son quen de sintetizar en dous párrafos o que denuncia esta novela: a discriminación das mulleres en todos os eidos polo feito de selo. A novela por o foco na violencia física e psicolóxica que algúns (demasiados) maridos exercen sobre as súas(!) mulleres.
Not all men!! (escoito)
Pois claro que non. Falamos dos roles asignados polo sistema establecido. Noutras sociedades son (foron, serán) diferentes, e o relevante é que os sistemas e as relacións sociais poden cambiarse de xeito consciente. Non é designio divino(!), nin tampouco a Selección Natural (forza motora da evolución), que de todo se escoita.
Tamén hai mulleres malas!!! (escoito)
Pois claro. O tema é parecido (en termos de xeneralización) ao listos/tontos/ignorantes/palurdos/traballadores/you-name-it que son outros pobos. Os centroeuropeos son moi traballadores e moi produtivos!! (escoito). Aquí se vive mejor!!. My ass.
…

Xa estou a misturar auga con aceite. Mellor deixalo.
Nin machista nin feminista! (escoito)
É a vida social a xestión das relacións de poder?
A novela
A descrición da protagonista inicial (influencer) botábame un pouco para atrás, pero pronto se ve que é o xeito en que autora escolle un personaxe actual, para facernos ver que isto non é algo que pasaba antes, se non que é de agora.
Descríbese con crudeza e de xeito explícito (de forma necesaria) a violencia sobre a parella. Para iso recúrrese a dúas liñas temporais converxentes a través dun suceso paranormal e da historia familiar dos personaxes.
Aproveita a autora para reivindicar asimesmo, e pór en valor, a dignidade das mulleres que en tempos aínda máis difíciles loitaron por dereitos humanos fundamentais. Non esquece facer un aceno ao valor da cultura propia e ao proceso tamén violento que supón verse na obriga de abandonala (por medios violentos ao fin).
O libro está dispoñible na biblioteca pública.