Volver
Xabier Quiroga: Coa man esquerda (Paperback, 2023, Edicións Xerais) 5 estrellas

En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén …

Seguir lendo ou procurar palabras no diccionario

Sin valoración

Rematei de dúas sentadas o último libro de Xabier Quiroga "Coa Man Esquerda" e só podo dicir que se tedes ocasión o leades. Conta a historia dun neno, dende a súa propia voz canda vello, que escribe o seu testamento vital. A novela ten un vocabulario riquísimo, como adoitan ter as de Xabier Quiroga. Vai descubrindo a trama aos poucos, con delicadeza; de xeito que non queres deixar a lectura ata que remate e, cando estás rematando, querías que non rematase.