Coa man esquerda

Tapa blanda, 200 páginas

Publicado el 20 de Abril de 2023 por Edicións Xerais.

ISBN:
978-84-1110-311-4
¡ISBN copiado!

Ver en OpenLibrary

5 estrellas (2 reseñas)

En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia de anciáns asolada pola pandemia conta os desacougantes sucesos que viviu sendo neno na súa casa afastada da aldea e que o marcaron para sempre. Esa especie de confesión ou legado do vello servirá para, ademais de liberarse dun pesado lastre, descubrir un segredo que o escritor non sabía de si mesmo. Empregando un estilo moi libre e sedutor, volve Xabier Quiroga cunha alfaia literaria baseada nun feito real. Faino cun ritmo que deixa pouco espazo para tomar alento e da man dun narrador sometido aos ditados da memoria. O lector verase introducido de forma inevitable na atmosfera abafante dun lugar inhóspito e a mercé das mesmas relacións que envolven o personaxe do neno. Unha historia dura …

1 edición

Seguir lendo ou procurar palabras no diccionario

Sin valoración

Rematei de dúas sentadas o último libro de Xabier Quiroga "Coa Man Esquerda" e só podo dicir que se tedes ocasión o leades. Conta a historia dun neno, dende a súa propia voz canda vello, que escribe o seu testamento vital. A novela ten un vocabulario riquísimo, como adoitan ter as de Xabier Quiroga. Vai descubrindo a trama aos poucos, con delicadeza; de xeito que non queres deixar a lectura ata que remate e, cando estás rematando, querías que non rematase.

avatar for Jorganes

lo valoró con

5 estrellas