Jorganes reseñó o clan das barbies de Antía Yáñez
Distopía sobre o uso dos corpos femeninos
3 estrellas
Por algún sitio lin que a autora se inspirou no conto da criada de Margaret Atwood. O libro sitúanos nun futuro próximo onde os corpos das mulleres son obxecto de compra-venta, sobre todo para a procreación. Ao principio custoume entrar na trama, pero da metade para adiante léese do tirón. Ademais, partindo dunha situación moi deprimente, as personaxes vanse empoderando (e ata aí podo contar). Recomendo a súa lectura. É o primeiro libro que leo de Antía Yáñez, pero a súa lectura anímame a ler máis cousas desta autora, por exemplo, «Non penses nun elefante rosa».