Golpes de luz

288 páginas

Publicado por Xerais.

ISBN:
978-84-1110-036-6
¡ISBN copiado!
4 estrellas (3 reseñas)

Xulia é xornalista e acaba de separarse, polo que regresa a Galicia co seu fillo Sebas. O rapaz ten dez anos e está convencido de que a avoa Luz é o deus Thor porque nunca se separa do seu martelo. Malia que agoche polvoróns nas medias, beba Sansón ata ver dobre e diga mentiras sen parar, Sebas adora a súa avoa. Xulia non opina o mesmo. Para ela, volver á casa familiar supón enfrontarse a un pasado cheo de segredos que precisa desvelar. O narcotráfico na Galicia dos anos noventa, o mundo dos coidados e a procura da verdade envolven este melodrama, salvaxe e tenro, habitado por uns personaxes inesquecibles. Despois do éxito de «Infamia», Ledicia Costas regresa, dende o seu talento creativo, con «Golpes de luz», unha novela sorprendente e divertida.

2 ediciones

Review of 'Golpes de luz' on 'Goodreads'

4 estrellas

Ledicia Costas é unha marabilla escribindo. As personaxes están incriblemente construídas. Especialmente entrañables resultan os nenos e a nena. Sobre todo Sebas, o protagonista. A avoa tamén fai unha personaxe moi especial. A súa construción psicolóxica é perfecta.
Os narradores son as propias personaxes protagonistas, que se van alternando en cada capítulo. Coido que ten que ser un traballo de escritura moi difícil fiar todo tan ben dende as distintas subxectividades, pero a Ledicia nótaselle o oficio.
Empezas a ler e non podes deixalo. O libro chama por ti. É moi entretido. Moi recomendable como lectura para xente nova.

avatar for Hueleapetricor

lo valoró con

5 estrellas
avatar for nacho

lo valoró con

4 estrellas