Rastros

Idioma Galego

Publicado por Rodolfo e Priscila.

Unha muller do Paleolítico discute co seu clan se un bebé sen pelo merece vivir. Un cabaleiro franco redacta unha doazón solemne para lle asegurar a casa, as vacas e unha pedra milagreira ao home a quen ama. Un mozo de hoxe, en Santiago de Compostela, busca sexo sen preservativo baixo a protección química das pílulas mentres tenta persuadirse de que o medo tamén pode ser un sistema filosófico. En Rastros, Carlos Lixó percorre milenios e xeografías para construír unha arqueoloxía imaxinaria do desexo. Convértese nun falso editor de documentos -cartas feudais, actas inquisitoriais, crónicas de conquista, lendas, diarios contemporáneos- percorridos por un mesmo fío invisible: a violencia normativa sobre os corpos desviados e a maneira en que a historia os ordena e os castiga. Cada un dos relatos que compoñen este libro é unha peza autónoma e ao mesmo tempo unha cámara dun único arquivo imposible e asombroso. Cunha …

1 edición

Dos mellores libros de relatos publicados recentemente en galego

Este libro foi a lectura de maio do noso club de lectura de Ribeira. Carlos Lixó é o noso paisano do Concello de Ribeira e un activo membro do noso club de lectura. Vos diredes que se lle puxen cinco estrelas foi porque Carlos é o meu coñecido, pero que tal vez, o libro non mereza a pena. Porén eu dígoche que se gustas dos relatos, gustas da historia e non es unha persoa homófoba deberías lelo porque é dos mellores libros de relatos publicados recentemente. Os relatos transcorren ao longo de diferentes épocas da historia, dende o paleolítico ata os nosos días. Todos eles teñen como protagonistas persoas non normativas e, a maioría, falan da homosexualidade. É un libro para ler aos poucos, sen atropelarse, gozando de cada relato por separado. Levarás moitas sorpresas!

Temas

  • relatos
  • ficción urbana
  • homosexualidade
  • historia
  • Corpos non normativos

Listas