255 páginas

Idioma Galego

Publicado por Urco.

ISBN:
978-84-938558-5-7
¡ISBN copiado!
3 estrellas (1 reseña)

Velaquí o terceiro volume da historia de Conan, guerreiro da fría Cimmeria nacido nun campo de batalla, que marcha da súa terra natal aos reinos civilizados na procura de fortuna, fama e gloria. Levado despois á banda deseñada e máis tarde ao cinema, Conan representa o estado esencial da humanidade, salvaxe e libre, fronte aos enganos da civilización. Neste volume preséntanse catro historias deste personaxe, continuando a cronoloxía interna da obra que comezamos co primeiro volume desta colección.

Contidos:

A xente do círculo negro

Sombras en Zamboula

O estanque do negro

Alén do río negro

1 edición

Non a mellor etapa

3 estrellas

Contén os relatos: A xente do círculo negro, Sombras en Zamboula, O estanque do negro, Alén do río negro. Seica o meu tomo menos favorito polo de agora, cun Conan moi pouco presente en cunha escritura na que podes intuír que Howard cobraba por palabra porque as tramas ás veces son innecesariamente longas para o que contan. Así a todo, o peor Conan segue a ser unha lectura moi disfrutábel.