ghose 📚⁂ comentó acerca de MANIAC de Benjamín Labatut
👌 vin por aquí ⁂ a recomendación fai uns meses e pilleino en ebiblio, non lembraba exactamente as referencias nin o tipo de lectura que sería. Lin o primeiro capítulo e realmente foi interesante coñecer sobre a vida atormentada deste primeiro protagonista, as súas relacións académicas co mundo da física de partículas e matemáticas do primeiro terzo do s.XX. Sendo xudeu, alemán, e coas súas pantasma personais, a cousa non acabou ben. Non é spoiler, porque o libro comeza por ese tráxico final. Está escrito como se estivesemos seguindo un fluxo de pensamento, ou así o sentín, con intensidade e saltando de personaxe en personaxe fiados por Paul Ehrenfest en busca infructuosa da orde e racionalidade neste mundo.
Brutal tamén a cita a xeito de prólogo que abre o libro, sobre a «razón» e o seu duro xuizo.
A ver que me trae o segundo capítulo, se ten …

A ver que me trae o segundo capítulo, se ten relación ou son reflexións illadas sobre un tema común a partir de experiencias vitais centradas nun personaxe.