Volver
Miguel Pérez Ramudo: Castelao en Pontevedra (Almacén de fábulas)

Didáctico, seica demasiado

Un cómic que lembra moito aos que ás veces de cativo dábache de agasallo a Deputación nalgunha excursión. Aínda que o título suxire que Pontevedra podería ser o tema central da obra o certo é que hai máis páxinas adicadas ás súas viaxes por Europa coa Junta de Ampliación de Estudios cá cidade do Lérez. Demasiado centrado en ser unha obra didáctica para que os rapaces coñezan a importancia de Castelao na construcción da identidade galega como para teren unha entidade propia como obra.