Volver
Philip K. Dick: Ubik (Galego language, 2022, Boadicea) 4 estrellas

Joe Chip viaxa cun grupo de antipsíquicos a Luna co fin de solucionar os problemas …

Vinte anos despois a relectura no defrauda

5 estrellas

Cando tiña vintepoucos anos deume moi forte por Philip K. Dick, pero moito. Leín compulsivamente case todo o que había en castelán e además cada verán durante varios anos relín a marabillosa biografía de Emmanuel Carrère sobre PKD. E de todo o que lin del Ubik está nun top 3 canda Valis e The man in the high castle do que non podería escoller un favorito. Coa escusa da nova tradución ao galego decidín reler Ubik cun certo medo. E se a tiña idealizada e agora xa non a desfrutaba tanto? Afortunadamente non foi tal. Agora nos meus corenta e tantos Ubik é tan disfrutábel ou máis. E neste mundo de hoxe as constantes teimas dickianas sobre que é a realidade son máis actuais ca nunca.