Volver

en Canadá🇨🇦 vese que tomaron a mal as políticas da nova Administración en Washington 🇺🇸 🫡

cando hai uns días comezaron a aparecer por aquí ⁂ mencións ao boicot a produtos e servizos do veciño do sur pensei que sería algo como o que facemos aquí, así de boquilla para publicar no FB dous días e quedar guai. É algo co que contan as empresas (a nosa inconsistencia e a dificultade para cambiar hábitos de consumo). Pero visto desde fóra parece algo máis serio, estaba o presidente todo serio no telexornal dicindo que non se van achantar.

Quen non se ten que achantar e comezar a saír ás rúas son son propios americanos. Van acabar a hostias, xa verás. E algunha vainos caer de refilón.

respondió al estado de ghose 🍉 👣

@ghose@gts.xmgz.eu Pois en México parece que están con máis do mesmo. Alí a parte dos aranceis andan preocupados porque declararon aos carteis da droga como organizacións terroristas e temen unha invasión por parte das forzas armadas dos EUA. Supoño que non queda outra que resistir. E en Europa non deberiamos permanecer parades. Dende logo o consumo é unha arma política.