ghose 📚 ha dejado de leer Solenoide por Mircea Cărtărescu
admito a derrota. Ler ten que ser un desfrute, e non un traballo. Ten capítulos e pasaxes con reflexións moi interesantes.
Toda a novela é o relato en primeira persoa das tribulacións do protagonista, das súas miserias, problemas psicolóxicos, enfermidade(s), acoso, maltrato, miseria, relacións afectivas, o traballo, a frustración de non ser escritor (que non novelista), e elementos de fantasía e terror que se misturan coa realidade debido a, ou consecuencia de, os problemas psicolóxicos.
Levo preto de 400 páxinas e non se produciu o xiro narrativo que agardaba e que me mantivese ata máis alá das 1000.
O metadebate sobre o que é a literatura pareceume interesante, pero últimamente roza a caricatura.
Pode que sexa do teu interese, pero a min non me está compensando. Leo por pracer, non quero obrigarme a abrir o libro e ler un par de capítulos como se fose isto …
admito a derrota. Ler ten que ser un desfrute, e non un traballo. Ten capítulos e pasaxes con reflexións moi interesantes.
Toda a novela é o relato en primeira persoa das tribulacións do protagonista, das súas miserias, problemas psicolóxicos, enfermidade(s), acoso, maltrato, miseria, relacións afectivas, o traballo, a frustración de non ser escritor (que non novelista), e elementos de fantasía e terror que se misturan coa realidade debido a, ou consecuencia de, os problemas psicolóxicos.
Levo preto de 400 páxinas e non se produciu o xiro narrativo que agardaba e que me mantivese ata máis alá das 1000.
O metadebate sobre o que é a literatura pareceume interesante, pero últimamente roza a caricatura.
Pode que sexa do teu interese, pero a min non me está compensando. Leo por pracer, non quero obrigarme a abrir o libro e ler un par de capítulos como se fose isto unha competición de resistencia.
No puc mes.
