Volver

reseñó Indolente de Alberto Mancebo (Narrativa, #1378408)

Alberto Mancebo: Indolente (EBook, galego language, 2024, Xerais)

Estamos no ano 2041 e o Ministerio da Presidencia acaba de emitir un comunicado para …

Sorpresa agradable 👍👍

A sinopse xa a liches, só engado que está escrito moi decentemente, sen artificios innecesarios, centrándose en manter a tensión e ansiedade que sinte a protagonista. Ten unha misión vital moi concreta e obstáculos a superar, entre eles algún trauma do pasado que aínda non puido superar.

Collen dentro temas como a saúde mental, a ecoansiedade, excepticismo magufo, homofobia, galeguidade...

Pode que ⭐⭐⭐⭐ sexa excesivo, pero se cadra é polas expectativas baixas que tiña. Non polo autor, que non lera nada, se non pola mala xeira que levo en canto a escoller lecturas.

Bo de ler e entretido.