Volver
Dion Leonard: La búsqueda de Gobi (Spanish language, 2017, HarperCollins Espa̋nol)

La búsqueda de Gobi es la milagrosa historia de Dion Leonard, un corredor de ultramaratones …

Un post de FB que lle quedou longo.

«frechazo» cunha cadeliña. Non digo nada, os cans son moi cariñosos, non coma outros 😼

o libro en si é a narración da peripecia de como se coñeceron Dion e Gobi e a peripecia maior, que se cha contan non a cres, de como se reencontraron e navegaron o océano burocrático das autoridades sanitarias chinesas e británicas para rematar todos xuntos vivindo en Edimburgo.

Non fago «spoiler», o primeiro capítulo é toda a familia correndo feliz nun monte desde o que se ve toda a cidade.

O relato, que non novela, atopa similitudes entre as dificultades que atopan Dion (e calquera) nesas longas carreiras e os obstáculos da vida. De como atopas xente marabillosa (a maioría) e crápulas.

A nivel «literario» o nivel é moi baixo, non leas isto se non che emocionan as historias de reencontros con animais cariñosos (ten pinta de ser unha cadeliña moi feitiña e aguda) e un pouco de épica ultrarunner (bah!).

Dion é moi agradecido no relato con todas as persoas que lle axudaron, loubando o xeito en que as persoas o trataron en China sen agochar a realidade do que viveu. Non quero ser frívolo nin faltarlle ao respecto a Dion.

Tampouco me vou estender máis, non ten perda se queres ler algo positivo e cheo de boas accións.