ghose 📚 comentó acerca de El mundo de ayer de Stefan Zweig (Biblioteca de obras famosas,)
supoño que hoxe en día unha persoa con esta ansia intelectual e MOITOS cartos podería levar a vida que tivo este home. Non coñezo a ninguén así (tanto pola ansia como polos cartos), pero creo que atopar alguén con esas gañas de facerse coa esencia do arte en todas as súas formas é máis difícil que atopar un millonario/a. Sobre todo á súa idade. Eran outro tipo de sociedade, con diferentes estímulos (tal como acredita). A verdade, cóstame imaxinar a alguén así, que seguro que hoxe en día tamén hai, indo de capital a capital europea conversando e deixándose atrapar pola intelectualidade da época. Que si unha lectura na casa do Yeats, que si co Rodin en bata traballando no seu taller... Paréceme todo invención, unha fantasía do autor, pero xa digo, eran outros tempos e así podía permitirse vivir. Despois xa virán as ~~hostias~~, supoño. Interesante como describe o mundo da seguridade no que naceu (e se aproveitou del). Xa describiu os roles sociais e o tipo de educación que sufriu. Tamén esbozou algúns elementos (loita de clases e proto-nacis) que posteriormente darían un xiro á Historia.