ghose 📚 comentó acerca de Demian: Historia de la juventud de Emil Sinclair de Hermann Hesse
Advertencia de contenido A cabeza adolescente (and beyond)
Hai un momento no que o protagonista descubre, élle revelado pola propia experiencia, que o que lle pasa pola cabeza, o trivial e o substancial, é o que lle pasa pola cabeza a todo o mundo. É enriquecedor ese momento en que o descubres, ao mesmo tempo unha lección de humildade e de empoderamento. A veces, porén, hai que deterse e traer ao pensamento consciente esa realidade ante os avatares da vida.
Tamén, se faltasen argumentos, que adolescente criado na educación católica non lle atopa axiña as costuras ao relato canónico sen precisar unha voz allea que alimente o escepticismo? Ein? Quen!? (non vou responder, hai varios grupos de persoas)
Quedoume isto moi intensito para un domingo pola mañán, pero o libro ponlle palabras aos sentimentos. Tal cousa non é fácil 👍
Agora aparece Beatrice no relato ⚠️