Volver
Ana Cabaleiro: Deixádenos remar (Paperback, Edicións Xerais) 4 estrellas

Review of 'Deixádenos remar' on 'Goodreads'

4 estrellas

A sociedade estrutúrase a base de relatos. Ana Cabaleiro presenta un conxunto de relatos abondo individuais como para dicir que non son conexos, abondo conexos como para dar fe da estrutura dunha sociedade, abondo imparciais como para dicir que representan aunha parte da sociedade, a maioritaria nunha zona epecial, minoritaria á súa vez. E, aínda que unha frase non fai un libro, nin ten por que representalo, nin querer facelo, quédome esta vez con unha: "Non prendína a tele, que é por onde máis entra, con tanto anuncio e tanto filme e tanto programa especial, e co rei dicindo paridas de rei, que ó resto das persoas nos daría vergoña dicir".