Volver
David Rubín: O lume (Galego language, Demo Editorial) 4 estrellas

Un inmenso asteroide aproxímase á Terra en traxectoria de colisión. Alexander Yorba, afamado arquitecto de …

O Lume: A polémica feminista

3 estrellas

No noso club de lectura houbo bastante polémica con este libro. Ninguén discutiu a forza expresiva do debuxo de David Rubín, mais non sucedeu o mesmo cos texto. Coido que, en xeral, as persoas que o criticaron era porque non están afeitas á lectura de novelas gráficas. Na miña opinión o libro é moi bo. Non te deixa indiferente, e trae fortes sentimentos de pesar, angustia, e mesmo depresión. Isto non sucedería se a obra non fose boa. Co que tivemos unha certa polémica é sobre se esta obra era feminista, non o era ou mesmo se era machista. Como explico no comentario, a súa lectura veu precedida por unha certa polémica porque renunciou a participar nos Premios da Crítica de Dolmen Editorial por non haber mulleres entre os finalistas. Porén, como moitas das compañeiras do faladoiro apuntaran, temos que dicir que o cómic non supera o test de Bechdel. Isto supón unha grande eiva para o libro. Porén, coido que non é un libro machista. Nel se representa un macho "típico" que bota a perder a súa vida por comportarse como tal. E do mesmo xeito hai unha forte crítica social. Polo tanto, penso que cando menos, hai un intento do autor por facer un libro feminista, mais deixando ás mulleres nun segundo plano.