Volver
Keum Suk Gendry-Kim, Alba Verea Pérez: Herba (GraphicNovel, Galego language, 2024, Rinoceronte Editora)

Durante a ocupación xaponesa de Corea, un dos episodios máis escuros da historia do país, …

Moita expresividade nas imaxes

Cómic dunha forza expresiva gráfica tremenda. Conta unha historia moi dura, pero con unha delicadeza cativadora. A autora non se adentra explicitamente en temas truculentos da durísima vida da súa protagonista, pero cunha poucas palabras e cunhas imaxes moi potentes deixa que as persoas que o lemos imaxinemos todo de tal xeito que as veces dan gañas de chorar. Unha novela gráfica moi recomendable.