Volver
Marga Tojo: SARELA (Paperback, galego language, 2025, Edicións Positivas)

Unha xornalista de volta en Compostela, un trompetista, o cadáver dunha muller no río Sarela, …

Unha frouxa labor editorial

Aínda que o libro ten cousas interesantes, resultoume un pouco decepcionante. Coido que a autora tiña a oportunidade de armar un libro sólido cos vimbios cos que traballa, pero por veces mete na novela temas sobre a violencia de xénero que poderían ser máis propios dun ensaio que dunha novela, e algún diálogo parece pouco crible. Coido que faltou unha labor editorial máis esmerada; eiva moi frecuente nos libros publicados en galego.