Volver
Mariña Pérez Rei: Finximentos (galego language, 2024, Edicións Xerais de Galicia, S. A.) 5 estrellas

Nené baila unha danza de resistencia ao redor de Heinrich, nunha escena de xadrez que …

Nótase que Mariña Pérez Rei é poeta

5 estrellas

No libro móvese unha parella, home e muller pola costa galega. Dende Ribeira, pasando por Muros, recollen toda a Costa da Morte. O libro consta de moitos capítulos curtos, escenas, di a súa autora. Pero están escritos coa palabra precisa, derramando emocións, tanto que parecen poemas escritos en prosa. Porén a súa lectura é áxil, e a medida que avanza queres seguir coñecendo ás personaxes e os lugares que visitan.