Demasiados antiheroes nunha novela policiaca lixeira.
3 estrellas
Trátase dunha novela policial desenvolvida en Ourense e espazos próximos como o Couto Mixto. Foi a proposta do Club de lectura de Ribeira do pasado mes. O autor achegouse ata a nosa vila para falarmos sobre o libro. Desafortunadamente eu non puiden asistir por estar de viaxe. O libro gustoume pero non me entusiasmou. Quizais porque o lin a saltos entre outras lecturas e porque estou xa demasiado acostumado a ler no libro electrónico. Ademais o comisario protagonista resultoume unha persoa bastante antipática. Supoño que é o que buscaba o autor, pero nunha novela policial lixeira buscas algún heroe...