Jorganes terminó de leer Os seres queridos de Berta Dávila
Berta Dávila é unha magnífica escritora e seguro que a lectura deste libro non te vai deixar indiferente. Pode que te pareza que a autora está distante, pero os sentimentos van aflorar en ti coma nunha montaña rusa. Se a protagonista ten depresión, vas sentirte deprimida; se está leda, ti tamén o estarás. O libro toca moitos temas, que no noso club de lectura deron para un longo e animado debate. O tema central coido que é a maternidade, mais ao redor xorden outros moi interesantes como a depresión post parto, a violencia obstétrica, o aborto... En definitiva, unha lectura moi recomendable mais para ler en momentos de tranquilidade, pois por momentos pode resultar un pouco lúgubre.