Volver
Marga Tojo: SARELA (Paperback, galego language, 2025, Edicións Positivas) Sin valoración

Unha xornalista de volta en Compostela, un trompetista, o cadáver dunha muller no río Sarela, …

Anna Figueiredo coordinadora de clubs de lectura do Culturgal proponnos esta lectura. E engade: «Sarela é un novelón, non só pola escolla da trama e por todo o que nos conta de Santiago de Compostela, tamén polo coidado da lingua, do estilo narrativo e pola cantidade de detalles (en especial para aquelas persoas que están algo cansas de que as novelas de detectives/noir/procedimentais non reflictan un mundo verosemellante e ignoren a perspectiva de xénero) que se descubren na súa lectura. Coido que daría para xuntanzas ben interesantes dos vosos clubs pero... Ai amigos e amigas! Que isto é o Culturgal expandido, así que, para aqueles clubs que queiran ler o libro temos preparado un encontro coa autora no Culturgal expandido, que este ano terá lugar en Ribeira na última fin de semana de outubro.» E o noso club é precisamente o de Ribeira! Ímolo ler!